Galicia
Cinco cidades acollerán en abril e maio unha xincana para promover o uso do galego de forma amena e interactiva
Potenciar o uso da lingua galega e facelo dun xeito ameno e interactivo. Ese é o principal obxectivo que persegue a Xincana, unha nova actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se desenvolverá en centros comerciais de cinco cidades galegas durante os meses de abril e maio.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística e Ineo rematan os traballos previos á posta en marcha do primeiro curso en liña de lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Ineo, teñen ultimado o primeiro curso en liña de lingua galega, deseñado para a preparación da obtención do Certificado de Lingua Galega no seu primeiro nivel, o Celga 1.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística concéntrase ante o Parlamento de Galicia para reclamar medidas en defensa do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística concéntrase o mércores, 1 de abril, ante o Parlamento de Galicia para reivindicar que se adopten medidas en defensa do galego e que, na nova lexislatura, non se produzan involucións na garantía dos dereitos lingüísticos.
Fonte: El Progreso
O Servizo de Normalización Lingüística da Coruña organiza un Obradoiro de estratexias de atención ao público na hostalería
O Servizo de Normalización do Concello da Coruña organiza, dentro da campaña Sabor a galego e en colaboración con Turgalicia e coa Mesa pola Normalización Lingüística, un Obradoiro de estratexias de atención ao público no sector da hostalería, co fin de intentar estender o uso da lingua galega na atención ao público no ámbito da hostalería.
Fonte: SNL da Coruña
O requisito do galego en axudas da Deputación de Lugo enfronta o Goberno da institución e a oposición
O requisito do emprego do galego para poder optar a algunhas das axudas que concede a Deputación de Lugo ao movemento asociativo xerou un forte enfrontamento entre o Goberno bipartito da institución (formado por PSOE e BNG) e o PP.
Fonte: El Progreso
Galicia segue sendo unha das autonomías onde menor número de estudantes, menos do 82%, cursa inglés
Superar o escaso dominio das linguas estranxeiras, e sobre todo do inglés, é un dos principais obxectivos da Administración educativa galega. Pero, a pesar de que desde hai anos se adiantou o ensino deste idioma a idades cada vez máis temperás (xa desde infantil), Galicia segue sendo unha das comunidades onde menos porcentaxe de alumnado cursa a lingua de Shakespeare.
Fonte: La Voz de Galicia
Os concursos "Enfoca o galego" e "Palabras con gancho", organizados por Política Lingüística, xa teñen gañadores
A Secretaría Xeral de Política Lingüística desvelou a resolución do xurado na que figuran os nomes dos gañadores dos dous concursos convocados para fomentar a creatividade en lingua galega a través da rede.
Fonte: Xunta de Galicia
Dúas adegas premiadas polo seu compromiso co galego na súa actividade empresarial
Quinta de Couselo e Tvronia da Adega Quinta Couselo e a Adega O Casal foron as premiadas na VI edición dos premios Bacelos de Prata. O xurado recoñece así a utilización da lingua galega desde o inicio da súa actividade empresarial.
Fonte: Vieiros
Política Lingüística inicia o proceso para cubrir a praza do lectorado de lingua e cultura galegas de Río de Xaneiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha o proceso para cubrir a praza do lectorado de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade do Estado do Rio de Janeiro. A convocatoria fíxose pública no Diario Oficial de Galicia do martes día 7 de abril.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística e Sony Ericsson renovan o convenio para fomentar a galeguización do sector da telefonía móbil
O Consello da Xunta aprobou a formalización dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Sony Ericsson Mobile Communications Iberia SL, para a normalización do galego no sector da telefonía móbil.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín