Galicia
Política Lingüística convoca a vixésimo segunda edición dos cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, convoca a vixésimo segunda edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia. Esta actividade de formación desenvolverase do 2 ao 30 de xullo deste ano na Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
Marisol López apela a unha implicación colectiva na defensa do galego para evitar retrocesos nos logros en normalización
A secretaria xeral en funcións de Política Lingüística inaugurou a exposición sobre o galego e o plurilingüismo mundial, que permanecerá na Sala Municipal Uxío Novoneyra de Lugo ata o 5 de abril. Na súa intervención, a responsable autonómica defendeu “o importante papel que xoga a mocidade para garantir o futuro do plurilingüismo”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística anima a comunidade internauta galega a unirse ao seu manifesto pola lingua galega
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de habilitar na súa web un espazo para favorecer a adhesión directa ao Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego.
Fonte: Código Cero
O Sergas contrata un servizo que converterá en voz en galego e castelán os contidos da súa web
A empresa Tecnocom asinou un contrato co Servizo Galego de Saúde para levar a cabo a implantación dun novo sistema de conversión de voz en galego e en castelán que será aplicado aos textos da páxina web do departamento autonómico.
Fonte: Europa Press
Política Lingüística impulsa a proxección exterior da literatura galega coa tradución ao ruso da obra de Curros Enríquez
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de dar un paso máis na proxección exterior da literatura galega coa tradución ao ruso da obra de Manuel Curros Enríquez.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha unha campaña "Por unha web social verdadeiramente multilingüe"
O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES da Pobra publicou a campaña "Por unha web social verdadeiramente multilingüe", coa que se pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerable abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen.
Fonte: CTNL
Blusens incorpora o galego na súa liña de sintonizadores TDT
En Blusens Global Corporation, a multinacional galega de electrónica, “fixeron un esforzo por crear menús sinxelos e de manexo doado para todos os usuarios”, sen esquecer o galego como unha das linguas nas que poder configurar os sintonizadores TDT.
Fonte: Código Cero
Renóvanse indefinidamente os acordos con Alcatel e Motorola para incrementar a galeguización da telefonía móbil

O Consello da Xunta aprobou a formalización de dous convenios de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as empresas Motorola España e TCT Mobile Europe SAS, comercializadora da marca Alcatel, para a normalización lingüística no sector da telefonía móbil. Os acordos supoñen a renovación dos que xa se asinaran en setembro do ano pasado, coa novidade de que pasan a ser indefinidos, o que afianza o compromiso destas empresas coa galeguización deste sector.
Fonte: Xunta de Galicia
Un estudo confirma o pouco uso do idioma galego entre os funcionarios da Deputación de Lugo
A primeira fase dun programa desenvolvido polo Gabinete de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo revela o pouco uso do galego entre os traballadores da institución provincial.
Fonte: La Voz de Galicia
Os equipos de normalización da lingua no sistema educativo crean unha coordinadora galega
A hipotética supresión da norma que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo por parte de Núñez Feijóo terá en fronte o profesorado encargado do fomento do idioma nos centros de ensino.
Fonte: Xornal.com
Boletín
Subscríbase ao boletín