Galicia
O Consello da Cultura Galega pídelle a Feijóo que non recorte a promoción do galego
No seu primeiro acercamento ao sector cultural, Alberto Núñez Feijóo falou durante máis dunha hora coa executiva do organismo asesor e alí escoitou, sobre todo, unha reclamación: que as súas iniciativas en materia lingüística non se perciban como un retroceso na defensa do galego.
Fonte: El País
A Concellería de Normalización Lingüística da Coruña organiza obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua
A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña vai realizar cinco obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua destinados ás persoas adultas desta cidade.
Fonte: SNL da Coruña
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua"
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pon en marcha o concurso da campaña "Dálle uso... á lingua", cuxo prazo para presentar mensaxes rematará o luns 6 de abril de 2009.
Fonte: CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua proporalles ás administracións proxectos a prol do galego
A Asemblea Xeral da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) acordou traballar co conxunto do movemento normalizador para renovar e actualizar o argumentario de defensa e promoción da lingua galega e para que o futuro goberno galego recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización lingüística.
Fonte: CTNL
As webs dos principais fabricantes do sector téxtil de Galicia seguen a ignorar a lingua galega
A pesar da súa importancia económica, as principais empresas do sector téxtil de Galicia non inclúen a lingua galega nas súas páxinas web. A meirande parte delas son bilingües en castelán e inglés.
Fonte: Vieiros
Comeza unha nova edición do concurso por internet "Lingua de @mor"
A terceira edición do concurso por internet Lingua de @mor, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello vigués, premiará as mellores cancións e declaracións de amor escritas en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
Afíanzase o compromiso empresarial coa galeguización da telefonía móbil a través dun convenio con Política Lingüística
O Consello da Xunta aprobou a formalización dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Nokia Spain, S.A.U., para a normalización lingüística no sector da telefonía móbil.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística fomenta a edición de textos en galego con dúas coleccións dedicadas á empresa e á dramaturxia
Incentivar a edición en lingua galega de textos especializados, para dar así resposta ás demandas de públicos diferentes, é o obxectivo primordial que a Secretaría Xeral de Política Lingüística se marcou cando decidiu financiar a posta en marcha de dúas novas coleccións de libros.
Fonte: Xunta de Galicia
Os datos de uso do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 alertan dun forte descenso no número de galegofalantes
A Real Academia Galega (RAG) acaba de distribuír o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04), correspondente aos usos lingüísticos, e no que se constata un forte descenso do uso do galego nos últimos anos.
Fonte: CTNL
A asociación Galicia Bilingüe vixiará "atentamente" a política lingüística de Feijóo
Galicia Bilingüe vixiará "atentamente" as medidas que o futuro Goberno galego porá en marcha no que a política lingüística se refire.
Fonte: El Progreso
Boletín
Subscríbase ao boletín