Galicia

A CIG-Ensino critica a falta de compromiso real da Consellería de Educación co galego

A CIG-Ensino fixo balance do traballo da Consellería de Educación durante esta lexislatura, e son máis as lagoas que os logros. Entre as primeiras, destacan os nacionalistas a ausencia dun compromiso real na galeguización e normalización do ensino, pois, aínda que se aprobou o Decreto 124/2007, non se puxeron en marcha as medidas necesarias para cumprilo.

Fonte: La Voz de Galicia

Política Lingüística organiza unha viaxe a Galicia dos alumnos de primaria e secundaria que estudan galego no Bierzo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza unha viaxe de estudos a Galicia dos alumnos de primaria e secundaria que seguen o programa de galego en centros de ensino do Bierzo e de Sanabria, en Castela e León. A actividade encádrase no acordo de colaboración existente entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León para facilitar a aprendizaxe de galego nas zonas galegofalantes de León e Zamora, e realizarase entre os vindeiros días 13 e 18 de abril.

Fonte: Xunta de Galicia

Ducias de deportistas e diversos persoeiros impulsan unha idea a prol do galego no ámbito deportivo

Foron moitos os deportistas que se reuniron no Colexio de Fonseca para reivindicar o uso do galego no mundo do deporte. A iniciativa está impulsada pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación AZKAR. Materializarase no ‘Manifesto polo deporte galego en galego’, que bota a andar coa sinatura de todos os presentes.

Fonte: Vieiros

O presidente do Eixo Atlántico, Luis Felipe Menezes, insta á inclusión do portugués nas escolas de Galicia

Segundo a proposta de Menezes, o galego debera ser obxecto de estudo nas escolas de Portugal e do mesmo xeito o portugués debera aparecer no currículo das escolas de Galicia.

Fonte: Vieiros

Adiantan a datación do documento máis antigo escrito en galego

O diploma do Foral do Burgo de Caldelas, considerado desde o 2005 como o documento orixinal máis antigo escrito en galego é, en palabras do investigador Henrique Monteagudo Romero, «unha copia feita por un notario local, de Allariz ou máis probablemente do propio Burgo, por volta do ano 1250».

Fonte: La Voz de Galicia

Unhas 3.000 persoas maniféstanse en Santiago con Galicia Bilingüe contra a "imposición lingüística"

Varios miles de persoas -en torno a 3.000, segundo fontes da organización- manifestáronse en Santiago de Compostela coa asociación Galicia Bilingüe en contra da "imposición lingüística" e baixo o lema 'Quero liberdade para elixir', nunha protesta que tivo a súa réplica na mobilización de decenas de independentistas, o que provocou incidentes cos manifestantes e enfrontamentos coa Policía.

Fonte: Europa Press

Un grupo de alumnas polacas de galego visita Galicia nunha viaxe organizada polo lectorado de Varsovia

Un grupo de 10 alumnas de lingua e cultura galegas da Universidade de Varsovia, en Polonia, reuníronse o luns día 9 de febreiro coa subdirectora xeral de Política Lingüística, Nita Ferreiro, aproveitando a viaxe de estudos que están realizando estes días a Galicia acompañadas pola súa profesora, Ana Somoza.

Fonte: Xunta de Galicia

O servizo de tradución automática de Google xa permite ler en galego os subtítulos dos vídeos de YouTube

Despois de que Google incluíse o galego entre as linguas do seu tradutor automático, a funcionalidade non deixa de estenderse aos servizos do buscador estadounidense. Agora xa se poden traducir ao galego as webs doutros idiomas que aparezan como resultados das buscas -se temos o navegador e o buscador configurados na nosa lingua- e tamén os vídeos de YouTube.

Fonte: Vieiros

Política Lingüística apoia novas iniciativas de fomento do uso do galego entre a mocidade no ámbito audiovisual

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de presentar dúas iniciativas relacionadas coa mocidade e co audiovisual en galego, destinadas a promover o uso do galego entre o alumnado da comunidade.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística financia unha colección divulgativa para achegarlles aos escolares a bioloxía dun xeito lúdico

Divulgar e fomentar a aprendizaxe en galego de coñecementos científicos dunha forma amena e divertida é un dos obxectivos da colección “Descubrindo os corpos”, que acaba de ver a luz da man de Edicións A Nosa Terra e que está financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder