Galicia
92 profesores itinerantes de inglés percorren os colexios do rural de Galicia
En total son 92 os docentes itinerantes de inglés en toda Galicia que percorren os colexios do rural. Isto débese a que a Xunta de Galicia impulsou este curso o programa de Anticipación da Primeira Lingua Estranxeira en Educación Infantil para que os nenos de tres a seis anos empezasen a familiarizarse co idioma.
Fonte: El País
O 50 por cento das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento emprega habitualmente o galego
O 50 % das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGDs) asentadas en Galicia emprega maioritariamente a lingua galega nas súas actividades. Así se desprende do estudo presentado o pasado xoves 29 de xaneiro pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e polo secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio César Fernández Mato. A investigación foi realizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) en colaboración co profesor da Universidade de Vigo Xesús Domínguez Dono, e contou co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Os opositores esixen excluír da lista de interinos a quen non acredite saber galego
A Asociación Galega de Opositores esixe que a Xunta elabore unha nova lista de interinos e substitutos para o presente curso académico na que se teñan en conta os resultados do proceso selectivo de 2008 para o acceso aos corpos docentes, á vez que solicita que se expulse da listaxe as persoas que non acreditaron o coñecemento de galego.
Fonte: La Voz de Galicia
O PP galego súmase á manifestación que esixe separar os nenos por idioma
O PP de Galicia apoia explicitamente unha mobilización da agrupación Galicia Bilingüe. Aínda que o 8 de febreiro, día da manifestación en Santiago, Núñez Feijóo estará en campaña en Bos Aires, a número dous do PP por Pontevedra, Corina Porro, afirmou que o secretario xeral dos populares, Alfonso Rueda, asistirá á protesta.
Fonte: El País
Política Lingüística fomenta a creatividade en lingua galega a través de concursos, xogos e outras experiencias na rede
Fomentar a creatividade en lingua galega aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías da comunicación é un dos principais obxectivos que persegue a Secretaría Xeral de Política Lingüística co desenvolvemento de diversas iniciativas na rede. O departamento que dirixe Marisol López convida á cidadanía a participar nos concursos, xogos e outras experiencias interactivas que nestes momentos se atopan en marcha en internet. Todas estas iniciativas enmárcanse na campaña En galego, tes todo por vivir. Tócache!, e a web palabrasencadeadas.com aglutina estas propostas participativas de dinamización lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
O tradutor Google xa traduce ao galego

O tradutor de Google engadiu novos idiomas entre os que se atopa o galego. Desta forma, desde este momento pódese converter textos desde e ata o galego desde outra lista que xa supera os 25 idiomas.
Fonte: Ojo Buscador
A Mesa pola Normalización Lingüística alerta dun "serio retroceso" no uso público do galego en Cedeira
O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística en Cedeira advirte dun “serio retroceso” nos usos formais que no ámbito público fai do galego o Concello no que é un dos principais núcleos de poboación da comarca do Ortegal.
Fonte: Xornal.com
Política Lingüística e Educación organizan cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas de idiomas das sete cidades
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior, que se celebrarán nas escolas oficiais de idiomas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ao longo deste ano. Estes seminarios impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo e a segunda en outubro.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística levará o alcalde de Ferrol ante o Valedor pola ausencia do galego na Semana Santa ferrolá
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamará a intervención do Valedor do Pobo para que o idioma galego deixe de estar excluído da celebración da Semana Santa en Ferrol, ante a falta de compromiso do goberno local, encabezado en minoría polo Partido Socialista de Vicente Irisarri.
Fonte: A Nosa Terra
O Concello de Ponteceso publicita o seu Servizo de Normalización Lingüística
O Concello de Ponteceso vén de pór en marcha unha campaña para dar a coñecer o seu Servizo de Normalización Lingüística, co que pretende fomentar o uso da lingua galega entre os veciños.
Fonte: La Opinión
Boletín
Subscríbase ao boletín