Galicia

Sublíñase a convivencia pacífica do galego e do castelán na presentación do servizo de noticias en galego da Axencia EFE

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistiron á presentación do servizo de noticias en galego da Axencia EFE, un acto no que tamén participaron o presidente executivo de Efe, Álex Grijelmo; a directora xeral da axencia, Dolores Álvarez; e o delegado para Galicia de EFE, Arturo Larena.

Fonte: Xunta de Galicia

Educación lembra que a base do decreto do galego a impulsou o PP

A conselleira tirou de lexislación para defender o decreto sobre a normalización do galego no ensino para todo o alumnado e recordou que cumpre coa Lei de normalización lingüística, aprobada -lembrou- en 1983 baixo o goberno da Xunta de Galicia do popular Gerardo Fernández Albor, e que "impide a segregación dos alumnos segundo a lingua".

Fonte: El Correo Gallego

Os XI Encontros para a Normalización Lingüística analizaron a situación do idioma galego na emigración e entre os inmigrantes

A última xornada dos XI Encontros para a Normalización Lingüística analizou aspectos da participación social nas políticas lingüísticas institucionais, con especial referencia ao éuscaro e aos programas para emigrantes e inmigrantes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña obriga a usar o galego nas súas exposicións

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña, que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo, instaurou unhas normas de funcionamento para o uso das salas de exposicións de titularidade municipal nas que, segundo algúns funcionarios, «se privilexia unicamente o galego e se proscribe o castelán a un segundo termo, no mellor dos casos».

Fonte: La Voz de Galicia

Política Linguística e Emigración convocan cursos de lingua e cultura galegas para os residentes no exterior

As Secretarías Xerais de Emigración e Política Lingüística convocan cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural para os galegos residentes no exterior e para as persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Os alumnos galegos aprenden inglés a través de novas ferramentas multimedia

O LoloKarolo, consistente nunha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes, e un dicionario de inglés interactivo achegan novos recursos a alumnado e profesorado.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócanse axudas para un sector audiovisual en galego

A Consellaría de Cultura e Deporte destina este ano un total de 2.700.000 euros en seis liñas de axuda ao sector audiovisual en galego, que xestiona por vez primeira a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Fonte: CTNL

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para a edición de materiais didácticos en lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

Fonte: Xunta de Galicia

Entra en vigor a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cuntis

A ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cuntis entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP). O texto é xa definitivo ao non presentarse reclamación ningunha durante o prazo de exposición pública.

Fonte: La Voz de Galicia

O galego deixa de ser unha das linguas "en perigo" para a Unesco

O galego deixou de ser unha lingua "en risco". De feito, xa non figura na terceira edición do Atlas das Linguas en Perigo no Mundo, elaborado pola Organización da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder