Galicia

Máis de cen estudantes de primaria e secundaria do Bierzo visitan Galicia no marco do programa de estudos de galego

Un total de 113 alumnos e alumnas de primaria e secundaria da comarca do Bierzo, en León, inician unha visita a Galicia, dentro do programa de estudos de galego que realizan nos seus centros de ensino.

Fonte: Xunta de Galicia

Dúas viaxes organizadas por Política Lingüística permítenlle ao alumnado de galego de París e do Bierzo coñecer Galicia

Estudantes de lingua e cultura galegas do Centro de Estudos Galegos da Universidade de París e de colexios e institutos de primaria e secundaria do Bierzo inician as súas estadías en Galicia, no marco de dúas viaxes organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A defensa do galego centra o inicio da Semana de Filosofía

A XXVI Semana Galega de Filosofía, baixo o título Filosofía e educación, arrancou en Pontevedra con dous temas polémicos: o papel da lingua galega no sistema educativo e o Plan Boloña.

Fonte: El País

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o Concello de Ferrol por usar só o castelán na propaganda de Semana Santa

A Mesa pola Normalización Lingüística de Ferrol criticou que a publicidade escrita da Semana Santa desa cidade "emprega, un ano máis, o castelán en exclusiva como lingua de comunicación, e exclúe calquera presenza significativa do galego".

Fonte: Galicia Hoxe

Equipos de normalización recollerán firmas a favor do decreto do galego

A coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, constituída recentemente en Santiago, iniciou a recollida de firmas en defensa do decreto do galego no ensino non universitario, cuxa derrogación anunciou Alberto Núñez Feijoo.

Fonte: La Voz de Galicia

O PP confirma o seu compromiso de derrogar o decreto do galego

Feijóo ratificou que o seu Goberno abolirá o decreto que aprobou o bipartito sobre o uso do galego no ensino. O presidente entrante atacou a xestión da Xunta nesa materia, na que avogou por un «bilingüismo cordial».

Fonte: La Voz de Galicia

A cidade de Ourense acolle esta fin de semana a Xincana, un xogo de equipo para fomentar o uso do galego de forma lúdica

A Xincana, unha actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, enmarcada na campaña “En galego, tes todo por vivir. Tócache!”, chega esta fin de semana á cidade de Ourense.

Fonte: Xunta de Galicia

Pais e sindicatos rexeitan que as familias elixan a lingua escolar

Comisións Obreiras, UXT, CIG e a Confapa (Confederación Galega de APA de Centros Públicos) coinciden en que é "escolarmente imposible" que as familias teñan liberdade para decidir.

Fonte: El País

Carballo convoca o seu Premio de artigos de normalización

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con Galicia Hoxe, convocou o V Premio a artigos xornalísticos normalizadores co obxectivo de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, a súa presenza nos medios escritos e crear espazos nos xornais para analizar e promover o seu uso.

Fonte: Galicia Hoxe

Santiago de Compostela acolle o encontro de ALTE, a Asociación de Avaliadores de Linguas de Europa

A Secretaría Xeral de Política Lingüística será a anfitrioa do trixésimo sexto encontro da Asociación ALTE (Association of Language Testers of Europe), que se reúne no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, entre os días 22 e 24 de abril.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder