Galicia
O presidente da Xunta tende a man a todos os galegos “para facer da nosa lingua o que sempre foi: un tesouro común”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou na conmemoración do Día das Letras Galegas a súa vontade de tender a man a todos os galegos “para facer da nosa lingua o que sempre foi: un tesouro común” co desexo de que o espírito de Ramón Piñeiro “non esmoreza nunca”.
Fonte: Xunta de Galicia
Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa do galego

Milleiros de persoas desafiaron a choiva durante unha manifestación convocada para que non haxa «nin un paso atrás» na normalización do idioma galego e no seu emprego no ensino e na vida cotiá.
Fonte: La Voz de Galicia
Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo anuncian a aplicación do novo decreto do galego para o curso 2010-11
Na rolda de prensa ofrecida polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o titular do departamento anunciou que o novo decreto se aplicará para o curso 2010-2011 despois de acadar o máximo consenso familiar, educativo, social e político posible.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística convocará unha folga xeral no sistema educativo se se derroga o decreto do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística convocará unha folga xeral en todo o sistema educativo galego a comezos do curso 2009-2010, se Núñez Feijoo persiste no seu empeño de derrogar o decreto que regula o uso dos idiomas na escola.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello de Santiago renova e fortalece o seu compromiso coa normalización social da lingua galega
O Concello de Santiago de Compostela renova e reforza o seu compromiso coa promoción social da lingua galega e aproba unha nova declaración para o impulso do uso da lingua galega desde a administración municipal.
Fonte: CTNL
O Concello de Santiago inicia unha campaña de dinamización lingüística
A campaña Saborea o galego!, impulsada desde o Concello de Santiago, busca a implicación do persoal ao servizo da cidadanía na Administración local, un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, así coma no Plan de normalización lingüística do Concello de Santiago para garantir o uso normal do galego en todos os aspectos da comunicación corporativa.
Fonte: CTNL
Falta un dicionario de galego normativo e actualizado
Mentres se prepara a segunda edición do dicionario da Real Academia Galega, pode consultarse a primeira na web da Xunta, pero non está adaptada ás normas en vigor.
Fonte: La Voz de Galicia
Educación di que o Plan de normalización é útil para o consenso lingüístico, pero non "unha obriga legal"
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asegurou que o Plan xeral de normalización da lingua galega é un "documento de traballo" que resulta "útil" na busca dun "consenso lingüístico", pero destacou que non constitúe "unha obriga legal".
Fonte: Europa Press
A Xunta pretende eliminar o galego das probas da función pública
A CIG denunciou que a Xunta pretende eliminar a cláusula da Lei da función pública galega que obriga a realizar en galego, como mínimo, unha das probas das que constan os procesos selectivos e que esta medida teña carácter retroactivo.
Fonte: Galicia Hoxe
A Xunta pide "consensuar" a elección de idioma nas oposicións
O director xeral de Función Pública, José María Barreiro, reiterou a súa oferta de diálogo aos sindicatos para "consensuar" a modificación do artigo 35 da Lei de función pública e "garantir" que nas oposicións se poida escoller entre castelán e galego.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín