Galicia
A lingua galega segue esquecida polo software propietario
Mentres o galego segue avanzando no eido do software libre, segue esquecido nos programas propietarios. É o caso, por exemplo, do lector de PDF máis estendido, o Adobe Reader. A súa última versión, a 9.1, ten localizacións ao catalán e ao éuscaro, mais non en lingua galega.
Fonte: Vieiros
A Xunta de Galicia ordena aos centros permitirlles aos alumnos elixir o idioma na clase
Os estudantes poderán escoller indistintamente entre castelán ou galego para dirixirse aos profesores e facer exames coas excepcións das materias de Lingua Española e Lingua Galega.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Durante o mes de maio desenvolveranse na Coruña actividades de promoción lingüística dirixidas á infancia e á mocidade
Durante todo o mes de maio a cidade da Coruña encherase de diversas actividades para que pequenos/as e mozos/as poidan gozar da lingua galega. Unha carpa móbil percorrerá os diversos barrios con animación de rúa, concertos, teatro, animación á lectura, exposición de materiais etc.
Fonte: CTNL
Feijóo dálles liberdade aos seus deputados para expresarse en castelán no Parlamento
O titular da Xunta anima os seus parlamentarios a utilizar o idioma que mellor manexen e pide que ninguén se acomplexe polas posibles críticas.
Fonte: Faro de Vigo
Sectores educativos critican que a Xunta deixe elixir idioma nas clases
A decisión da Xunta de ordenar aos colexios permitir a libre elección do idioma nas clases xerou desconcerto entre profesores, directores de centros e pais de alumnos, que critican que se queira eliminar o decreto sobre o galego no ensino sen consultar antes coa comunidade educativa.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Máis de 500 pais piden que se eduque en galego
Na liña telefónica aberta pola Mesa pola Normalización Lingüística (MPNL) queda patente o difícil que é escolarizar os máis pequenos en galego. As máis de 500 queixas recollidas desde xaneiro demóstrano.
Fonte: El País
Feijóo anima os deputados do seu grupo parlamentario con «dificultades» a «perfeccionar o galego»
Os deputados do Grupo Popular con máis dificultades para expresarse en galego farían ben en adquirir desenvoltura no seu manexo. Así o recomenda Feijóo.
Fonte: La Voz de Galicia
Un portal de internet reúne apoios para a creación dunha rede de ensino en galego
O portal limiargalego.blogspot.com reúne apoios para crear unha "rede popular de ensino" en lingua galega que precisa de 3.000 socios para fundarse o 17 de maio en Santiago de Compostela.
Fonte: Galicia Hoxe
Feijóo pospón o envío de ordes aos centros sobre liberdade lingüística

Feijóo defende a liberdade do alumno para elixir o idioma en que quere dirixirse ao docente, coa excepción lóxica das clases de lingua española e galega, pero sen necesidade de enviar instrucións aos centros para lembrar ese dereito dos escolares a seis semanas para que finalice o curso.
Fonte: La Voz de Galicia
O Correlingua arrinca nas cidades de Vigo e Pontevedra
Vigo e Pontevedra acollen a primeira das 14 carreiras do Correlingua que se van celebrar en Galicia. Este ano participarán nesta actividade en defensa do idioma até 45.000 alumnos de toda Galicia.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín