Galicia
A Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago lánzase á galeguización de ferramentas informáticas de software libre
A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago está a organizar un programa colaborativo de localización ao galego de aplicacións informáticas de software libre.
Fonte: Código Cero
Critican que Política Lingüística dependa da Consellería de Educación
Varios colectivos de defensa e promoción do galego, como A Mesa pola Normalización Lingüística e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) criticaron, logo de coñecer a nova estrutura orgánica do executivo, a inclusión de Política Lingüística dentro de Educación.
Fonte: Vieiros
Un comité de expertos europeos vixiará que se cumpra a Carta Europea das Linguas Minoritarias
Un comité de expertos do Consello de Europa vixiará durante os próximos meses que non se dean en Galicia pasos atrás na aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, documento internacional de obrigado cumprimento.
Fonte: De Luns a Venres
Novaxove.com pon en marcha un concurso de ideas sobre como difundir o galego a través da rede
Novaxove.com pon en marcha un concurso de ideas de como difundir o galego a través da rede. De cara á celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, queren que lles contes que iniciativa porías ti en marcha na rede para difundir o galego. O premio é unha cámara de vídeo e o prazo remata o 11 de maio.
Fonte: CTNL
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha campaña a prol do uso do galego no comercio
O Concello de Pontevedra anunciou a posta en marcha dunha campaña de dinamización lingüística para promover o uso do galego no comercio pontevedrés.
Fonte: La Voz de Galicia
Segundo un portavoz de Xuíces para a Democracia, o uso do galego na Xustiza é "marxinal"
O uso do galego na Administración de Xustiza "é marxinal", ata o punto de que unicamente o 3,5 % das resolucións xudiciais está redactada nese idioma, segundo dixo a Efe o portavoz de Xuíces para a Democracia en Galicia, Luis Villares.
Fonte: AOL
O comisario de Multilingüismo da UE, Leonard Orban, visita o Parlamento galego
O comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban, comprometeu o traballo da Unión Europea para "defender e ascender" idiomas que non son oficiais neste ámbito, como o galego, o éuscaro ou o catalán. Leonard Orban visitou o Parlamento galego, tras manter un breve encontro coa presidenta da Cámara, Pilar Rojo, e os voceiros dos tres grupos parlamentarios.
Fonte: Galicia Hoxe
Uns 45.000 alumnos percorrerán 14 cidades para potenciar o uso do galego
Arredor de 45.000 alumnos de case 500 centros educativos percorrerán catorce cidades galegas, na edición 2009 do proxecto ‘Correlingua’, para potenciar o uso do galego na mocidade, informaron os organizadores.
Fonte: La Región
Feijóo garante liberdade para elixir entre o galego e o castelán nas oposicións
As próximas oposicións que convoque a Administración autonómica poderán responderse en galego ou castelán, coa excepción da propia proba de lingua galega. Así o adiantou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que vinculou esta decisión a un “bilingüismo amable e cordial”.
Fonte: Faro de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca en Lugo un concurso de vídeos para fomentar a mobilización polo galego
A Mesa pola Normalización Lingüística organiza por segundo ano consecutivo o concurso de vídeos 'Mobilízate pola Lingua', co que pretende que rapaces de toda Galicia graven cos seus teléfonos móbiles situacións da súa vida cotiá nas que teñen problemas para poder expresarse en galego.
Fonte: Galiciaé
Boletín
Subscríbase ao boletín