Galicia

Política Lingüística e a Universidade de Santiago asinan un convenio para impulsar a investigación científica da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, asinaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades que ten por obxecto impulsar a investigación científica sobre o galego a través do Instituto da Lingua Galega (ILG).

Fonte: Xunta de Galicia

Nace a plataforma Queremos galego, a prol da defensa da lingua galega

Esta plataforma está integrada, nun principio, por 40 entidades sociais, e aspira a impulsar unha iniciativa lexislativa popular que garanta os dereitos lingüísticos do pobo galego e convocar unha manifestación nacional no outono.

Fonte: Vieiros

O Celta de Vigo presenta nova web, en galego e participativa

O Celta de Vigo acaba de dar un paso importante cara á mellora da súa comunicación co mundo a través de internet: acaba de incluír a lingua galega na súa nova páxina web. A aposta polo galego inclúese nun feixe de actuacións do Club encamiñadas a desenvolver e ampliar ata onde sexa posible a presenza en liña desta lingua.

Fonte: Código Cero

Máis de 1.300 persoas conseguiron o certificado de lingua galega nalgún dos catro niveis na primeira convocatoria deste ano

Un total de 1.316 persoas conseguiu o Certificado de lingua galega (Celga) a través das probas realizadas o pasado mes de maio na Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense e noutras cidades do resto de España e Europa.

Fonte: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia asegura que non permitirá segregación por idioma nas aulas

O presidente da Xunta de Galicia reiterou o seu compromiso de derrogar o decreto do galego no ensino, aínda que se comprometeu a manter "aulas bilingües", pois na súa opinión "ninguén pode exercer a liberdade de utilizar un idioma ou outro se só sabe un". Descarta por completo a segregación por idioma: "Non está ben nin desde o punto de vista educativo nin desde o punto de vista social".

Fonte: El Correo Gallego

A Dirección Xeral de Xuventude concédelles 64 bolsas a mozos e mozas galegas para estudar un idioma no estranxeiro

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, concedeu este ano un total de 64 bolsas a mozos e mozas galegas co obxectivo de facilitarlles o estudo dun idioma no estranxeiro durante este verán.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación de Galicia ratifica o uso de libros de texto en galego nas materias impartidas nesta lingua

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria instou a que a sociedade "cumpra a legalidade vixente" e rexeitou a proposta realizada por Galicia Bilingüe que animaba a que os galegos adquiran e utilicen os libros de texto "no idioma oficial que prefiran" e, mesmo, a utilizar o castelán nas materias impartidas en galego.

Fonte: El País

Política Lingüística destina máis de 81.000 euros a fomentar o uso da lingua galega nos centros de ensino privados

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria destina 81.980 euros aos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino privados das catro provincias galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña dálle 30.000 euros ao Concello da Coruña para un plan de fomento do galego nas familias

A Deputación da Coruña asinou un convenio co Concello para levar a cabo o financiamento da campaña de promoción da lingua galega entre a infancia e as familias. Será mediante o apoio á iniciativa O galego medra contigo.

Fonte: La Voz de Galicia

A Consellería de Educación colaborará na promoción do galego na comarca leonesa do Bierzo

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aposta pola promoción do idioma galego nas zonas que limitan con Galicia e, en particular, coa comarca leonesa do Bierzo. Este compromiso subliñouno o seu titular, Xesús Vázquez Abad, durante a súa estancia no Concello de Manzaneda.

Fonte: La Región

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder