Galicia

Cada vez son máis os empresarios que deciden etiquetar e presentar os seus produtos en lingua galega

Cada vez son máis os empresarios que deciden etiquetar e presentar os seus produtos en lingua galega. Algúns lévano facendo dende o inicio da súa actividade e outros dende hai uns meses. Dado o primeiro paso, algunhas destas empresas viven agora inmersas nunha segunda fase igual de importante: a galeguización da comunicación interna.

Fonte: A Nosa Terra

A Consellería de Educación presenta os proxectos gañadores dos premios de innovación en normalización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, presentaron en rolda de prensa os proxectos gañadores dos premios de innovación en normalización lingüística, que convocan estes dous departamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Vigo aproba unha moción para incluír a lingua de signos española nos centros educativos

O Concello de Vigo aprobou por unanimidade unha moción para incorporar a lingua de signos española aos centros escolares como se recolle na lei estatal de 2007, que o recoñece como idioma oficial.

Fonte: Diario Signo

Política Lingüística edita en DVD o programa televisivo ‘Ben falado!’, que busca achegar a lingua galega á sociedade

O DVD ‘Ben falado!’ estará dispoñible o próximo luns día 21 de decembro nas principais librerías da comunidade galega. Trátase dunha antoloxía de oitenta e dous capítulos deste microespazo divulgativo sobre a lingua galega que vén de emitir a Televisión de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo recorda o labor a prol de recuperación da lingua e a cultura galegas no século XX nunha exposición sobre Cabanillas

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asistiron á inauguración da exposición Ramón Cabanillas. A Roseira dos recordos, que percorre a figura e a obra do poeta de Cambados no ano no que se cumpriron cincuenta anos da súa morte.

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma Queremos Galego envíalle a Feijóo postais de Nadal para que "reflexione" nas festas sobre a situación do galego

A plataforma Queremos Galego realizou un envío masivo de tarxetas postais para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que "empregue as vacacións de Nadal" para "reflexionar sobre a situación" do galego.

Fonte: 20minutos

Anxo Lorenzo incide en Ecolingua na importancia de acadar un consenso social e político arredor do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu na importancia de acadar un consenso político e social arredor do galego durante a súa intervención no Simposio Internacional Ecolingua 2009, no que participou nunha mesa redonda sobre lingua e institucións.

Fonte: Xunta de Galicia

As editoriais galegas e Política Lingüística valoran positivamente o impacto do programa Bocaberta para a dinamización do galego

O programa Bocaberta de Política Lingüística despide o 2009 cun balance moi positivo das preto de 1.000 actividades que se puxeron en marcha desde o pasado mes de xullo. Así o constataron as once editoriais galegas que colaboran neste proxecto e mais o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, durante a reunión que mantiveron na sede da secretaría xeral, en Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

O presidente da Xunta avanza que nos vindeiros días se presentará o borrador do decreto do ensino

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, propuxo, na Cámara galega, recuperar o consenso lingüístico e avanzou que nos vindeiros días o Goberno galego, tal e como comprometeu, presentará un borrador do proxecto do decreto do ensino para recuperar a “cordialidade lingüística”, a liberdade e o multilingüismo.

Fonte: Xunta de Galicia

A nova lei de caixas obrigará a estas a informar o cliente en galego

Caixa Galicia, Caixanova e todas as caixas de aforros que teñan oficinas e clientes en Galicia terán que empregar o galego bos contratos, informacións e comunicacións que remitan aos seus clientes galegos. Así o establece o borrador da nova lei autonómica de caixas de aforros que o pleno do Parlamento votará previsiblemente o vindeiro día 29 de decembro.

Fonte: La Opinión

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder