Galicia

O presidente da Xunta someterá "á reflexión" a proposta sobre o galego do Consello da Cultura Galega

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, someterase "á reflexión" conxunta entre el, o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e o Consello da Cultura Galega (CCG), para estudar a proposta desta entidade de crear unha comisión parlamentaria que desenvolva o Plan xeral de normalización da lingua galega, e afirmou que agradece o seu "interese pola normalización cordial".

Fonte: Europa Press

A primeira e única tradución dunha obra de referencia internacional da fraseoloxía edítase en lingua galega

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de conseguir que a primeira, e durante varios anos única, tradución dunha obra moi esperada da fraseoloxía sexa a galega.

Fonte: Xunta de Galicia

PSOE e BNG rexeitan que o español sexa idioma oficial, xunto ao galego, do Concello de Vigo

O pleno do Concello de Vigo, con 14 votos en contra dos concelleiros de PSOE e BNG, rexeitou unha moción do PP que pretendía que o castelán fose, xunto co galego, o idioma oficial do Concello.

Fonte: La Voz de Galicia

A G2, segunda canle da Televisión de Galicia, terá un informativo diario en lingua de signos

A Televisión de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) asinan un convenio de colaboración que contribuirá a facer máis accesible a canle pública galega para as persoas con discapacidade auditiva. A G2, segunda canle de TVG, comprométese coa emisión dun espazo informativo, de 40 minutos diarios, de luns a venres, presentado en lingua de signos.

Fonte: El Correo Gallego

Anuncian un paro no ensino se se derroga o actual decreto do galego

Sindicatos, colectivos estudantís e de defensa da lingua galega agrupados na plataforma Queremos Galego anunciaron paros e unha mobilización xeral de todo o ensino se o Goberno de Núñez Feijoo non rectifica na súa intención de derrogar o actual decreto da lingua 124/2007.

Fonte: La Voz de Galicia

A asociación Galicia Bilingüe propón que pais ou alumnos escollan o idioma das materias troncais

A asociación Galicia Bilingüe presentou unha fórmula para implantar a liberdade de elección de linguas nas aulas, en substitución do decreto do galego, na que propón que sexan os pais ou os alumnos os que escollan o idioma vehicular das materias troncais e que as demais se impartan na outra lingua oficial.

Fonte: Europa Press

A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en normalización lingüística deste curso

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística, que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Cerceda presenta a guía Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego

O Servizo de Normalización do Concello de Cerceda presentou unha guía de agasallos para realizar no Nadal baixo o título Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego. Trátase dunha pequena escolma de libros, de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.

Fonte: CTNL

Preto de 2.000 persoas realizaron as últimas probas que convocou Política Lingüística para obter o Certificado de lingua galega

Un total de 1.885 persoas realizaron as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou o pasado mes de novembro para obter o Celga –Certificado de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas– nalgún dos seus catro niveis.

Fonte: Xunta de Galicia

O certame "O galego é..." fomenta a lingua propia de Galicia entre menores tutelados pola Xunta

O centro comercial Área Central de Santiago de Compostela acolleu a exposición “O galego é...”. Trátase dunha mostra fotográfica que amosa a visión sobre a lingua e a cultura galegas de dezaseis rapaces e rapazas do programa Mentor, un proxecto que ten como fin formar, orientar e facilitar a inserción laboral destes mozos e mozas de entre 16 e 18 anos tutelados pola Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder