Galicia
A revista de cómic galego 'Galimatías', do programa Bocaberta, chega ás librerías nun volume recompilatorio
A revista xuvenil Galimatías de banda deseñada en galego, que forma parte do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recolle os seus primeiros vinte números nun volume recompilatorio a modo de libro que xa está dispoñible nas librerías de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O PP invita o PSdeG a sumarse "ao consenso" do novo decreto do galego, pero ve case imposible contar co BNG
O portavoz en materia de Educación do PPdeG, Román Rodríguez, invitou o PSdeG a sumarse "ao consenso" e apoiar o novo decreto que regula o uso do galego no ensino, cuxo borrador presentou o día 30 de decembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda que considerou "case imposible" alcanzar un acordo co BNG pola súa postura "maximalista".
Fonte: Europa Press
Estudan a posibilidade de presentar un recurso contra o decreto do galego por considerar que desprotexe esta lingua
O sindicato educativo STEG uniuse ao sindicato CIG no seu chamamento para que o profesorado continúe impartindo as clases en galego, incumprindo as porcentaxes que marque o decreto presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Fonte: La Voz de Galicia
Os equipos de normalización afirman que o decreto agride o galego
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística denunciou a "clara discriminación" do galego no borrador do novo decreto sobre o uso do idioma no sistema educativo, que atribúe a que resulta "dunha decisión política e non pedagóxica".
Fonte: El País
Galicia é a segunda comunidade onde máis alumnado estuda dúas linguas estranxeiras en secundaria
As estatísticas do Ministerio de Educación demostran que Galicia se foi incorporando con éxito aos idiomas no ensino. Máis do 60 % dos estudantes de secundaria cursa en Galicia unha segunda lingua estranxeira, segundo os datos do curso 2007-2008 do Ministerio de Educación. É a segunda comunidade cunha maior porcentaxe de alumnos estudando dous idiomas, tras Canarias.
Fonte: La Voz de Galicia
Anxo Lorenzo incide en que as bases do decreto do plurilingüismo están dirixidas á gran maioría da sociedade galega
O secretario xeral de Política Lingüística lembrou que as bases do novo decreto do plurilingüismo están dirixidas a unha maioría da sociedade que vive con tranquilidade a convivencia entre as dúas linguas oficiais de Galicia e que quere aparcar o debate suscitado arredor do galego e do castelán.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Lugo porá en marcha programas de fomento do uso do idioma galego
A área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo porá en marcha varias iniciativas para o fomento do uso do idioma galego. Segundo anunciou o vicepresidente primeiro, Antón Bao, pretenden paliar a política que está a levar a cabo a Xunta, que representa un retroceso con respecto á normalización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
Política Lingüística convoca axudas para fomentar a lingua galega nos centros educativos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de facer pública no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para os proxectos de fomento do galego nos centros de ensino non universitario de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa está aberto o prazo de solicitude para os 185 cursos Celga que ofertará este ano a Secretaría Xeral de Política Lingüística
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
O Grupo Parlamentario do BNG denuncia que o galego se exclúe dos paneis das estradas
O Grupo Parlamentario do BNG denunciou unha "nova exclusión da lingua galega" e, en concreto, dos paneis electrónicos nas estradas e autoestradas galegas con indicacións relacionadas co estado da meteoroloxía e, en concreto, sobre as nevadas, xeo ou sobre o adianto da volta á casa.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín