Galicia

Política Lingüística ofertará preto de 100 cursos de lingua galega a través de colectivos e entidades de toda Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organizará ao longo deste ano 97 cursos de galego a través de diversos colectivos, entidades e/ou asociacións das catro provincias galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

Segundo Anxo Lorenzo, o decreto responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere equilibrio entre o galego e o castelán

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou a Radio Nacional de España que o proxecto de decreto para o ensino non universitario de Galicia “responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere que as dúas linguas oficiais estean presentes dun xeito equilibrado no sistema educativo, que promovamos o galego e que ao mesmo tempo propoñamos os elementos necesarios para resolver a cuestión da aprendizaxe dunha ou de varias linguas estranxeiras”.

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma Queremos Galego organiza un macrofestival de música a prol da lingua galega en Pontevedra

Un total de 15 grupos amosarán o seu compromiso co galego e o seu apoio ás reivindicacións da plataforma cidadá Queremos Galego o día 17 de abril no Recinto Feiral de Pontevedra.

Fonte: CTNL

O BNG denuncia que as campañas do Goberno central sobre o uso do DNI electrónico "discriminan" o galego

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, denunciou que as campañas para fomentar o uso do DNI electrónico postas en marcha polo Goberno central "discriminan" o galego.

Fonte: Europa Press

Os xulgados galegos terán por primeira vez un servizo permanente de intérpretes

A presenza cada vez maior de poboación inmigrante en Galicia continúa creando novas necesidades, tamén desde o punto de vista da Xustiza. Para responder a esta realidade multicultural, os tribunais galegos demandan desde hai tempo máis tradutores e un servizo de interpretación rápido e eficaz que garanta que sempre que sexan requiridos a instancias dun xuíz ou do Ministerio Fiscal se garanta o dereito dos imputados a expresarse no seu idioma materno.

Fonte: La Opinión de A Coruña

O ministro de Educación respecta as decisións da Xunta sobre o idioma pero pide non usar como arma arreboladiza as linguas

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, expresou o seu "respecto" ante as decisións da Xunta sobre o idioma como parte do "seu autogoberno" pero pediu que non se utilicen "como arma arreboladiza as linguas" e que "non se adopte medida ningunha que poña en cuestión" a convivencia.

Fonte: 20minutos

Educación incluirá no novo decreto unha proposta da mesa sectorial que facilitará a xestión por parte dos centros

A Consellería de Educación incluirá no proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia unha proposta da mesa sectorial que facilitará a xestión dos centros educativos.

Fonte: Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo defende no Parlamento os principios do proxecto de decreto para o plurilingüismo

“O principal obxectivo do novo decreto é lograr que o alumnado remate a súa formación cun dominio efectivo das dúas linguas oficiais”. Así o afirmou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Destácanse novos retos para o galego no ámbito do sector editorial grazas ás tecnoloxías da información e da comunicación

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou os novos retos que se lle presentan á lingua galega no sector editorial a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Fonte: Xunta de Galicia

A conmemoración do Día do Teatro chega aos máis novos a través da lingua galega coa representación de "Teatro: oficio e arte"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura levarán a obra Teatro: oficio e arte por diversos centros educativos de toda Galicia para conmemorar o Día Internacional do Teatro, que se celebra o 27 de marzo.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder