Galicia

O Concello de Zas fomenta o uso do galego no tecido asociativo

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), asinou uns convenios con distintas asociacións culturais e deportivas do municipio co fin de normalizar o uso da lingua galega no tecido asociativo.

Fonte: SNL do Concello de Zas

A Real Academia Galega pechou o traballo de redacción do novo dicionario

A Real Academia Galega ten ultimado o traballo científico do novo dicionario, que será o de referencia para a lingua galega nos próximos anos. O volume incluirá a procedencia das palabras.

Fonte: La Voz de Galicia

O fiscal superior de Galicia propón que a Lei de patrimonio cultural recolla o galego como "legado inmaterial"

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, propuxo na Cámara autonómica que a futura Lei de patrimonio cultural de Galicia inclúa unha declaración sobre o galego como "parte esencial" do "legado inmaterial" da comunidade.

Fonte: 20 minutos

A Universidade de Santiago de Compostela elabora un dicionario fonético do galego

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) elaborou un dicionario fonético da lingua galega, editado conxuntamente coa Real Academia Galega (RAG), e que contén a transcrición da pronuncia de 47.000 palabras.

Fonte: El Progreso

O dicionario de Xosé López Díaz verte ao latín o léxico máis actual da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu á presentación do Dicionario galego-latino clásico e moderno, unha obra da autoría de Xosé López Díaz que vén de publicar o Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades.

Fonte: Xunta de Galicia

A maxia e as xincanas do programa Bocaberta percorren Galicia para achegarlles a lingua galega aos máis novos

As actividades de Bocaberta fan parada estes días nos concellos de Rianxo, Chantada, Guitiriz e Outeiro de Rei. A maxia e as xincanas son as protagonistas, nesta ocasión, do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca promover o uso do galego entre os máis novos.

Fonte: Xunta de Galicia

O boletín electrónico de Bocaberta informará semanalmente de todas as actividades deste programa de dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de poñer en marcha o boletín electrónico de Bocaberta, unha ferramenta a través da que facilitará semanalmente toda a información sobre este programa que busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Diferentes colectivos inician unha campaña para pedir a inclusión do galego como lingua preferente nos portátiles das escolas

Diferentes colectivos galegos demandan a inclusión do galego como lingua preferente na configuración dos milleiros de ultraportátiles que se distribúen entre os alumnos de Galicia.

Fonte: Código Cero

A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros de ensino

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade desta consellería, para desenvolver no curso académico 2010-2011.

Fonte: Xunta de Galicia

Lanzan unha campaña para a galeguización das lápidas e un libro de mandas testamentarias a prol do idioma galego

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presentou en Santiago de Compostela unha campaña para galeguizar as lápidas dos cemiterios e un libro no que convida os cidadáns a incorporar aos testamentos unha cláusula sobre o galego como patrimonio que cómpre conservar.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder