Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o incumprimento da ordenanza municipal de usos do galego do Concello das Pontes

O grupo da Mesa nas Pontes vén de denunciar publicamente o incumprimento por parte do Concello da vila eumesa da ordenanza municipal de uso do galego aprobada por esta mesma institución.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

Política Lingüística contribúe á realización dos proxectos que actualmente ten en marcha a Real Academia Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de asinar catro convenios coa Real Academia Galega (RAG) co fin de contribuír ao desenvolvemento dos proxectos que actualmente ten en marcha esta entidade.

Fonte: Xunta de Galicia

O Bloque Nacionalista Galego critica que o Instituto Nacional de Estatística deixe cubrir unha enquisa só en castelán e catalán

O Bloque Nacionalista Galego critica que o Instituto Nacional de Estatística (INE) non permita cubrir por internet unha enquisa remitida a empresas sobre o uso de tecnoloxías, xa que ‘as opcións de cobertura son soamente en castelán e catalán’.

Fonte: A Nosa Terra

A Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha os cursos de galego para galegos residentes no exterior e persoas interesadas

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de poñer en marcha os cursos de galego para galegos residentes no exterior e persoas interesadas en aprender esta lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia inviste máis de 300.000 euros en normalización lingüística nos centros educativos da provincia de Pontevedra

A Secretaría Xeral de Política Lingüística outorgou á provincia de Pontevedra máis de 300.000 euros, dos 800.000 destinados a toda Galicia, para o financiamento de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino que imparten ensinanza regulada de niveis non universitarios, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística colabora coas asociacións de profesionais de normalización do galego na promoción do idioma

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) veñen de asinar un convenio de colaboración en materia de normalización lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería galega de Educación multiplicará por catro o número de auxiliares de conversa en colexios o vindeiro curso

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia porá a disposición dos centros educativos o vindeiro curso escolar a 260 auxiliares de conversa para apoiar o ensino de linguas estranxeiras.

Fonte: Xunta de Galicia

O director xeral de Centros de Educación da Xunta lembra que hai que cumprir coa normativa relativa ao decreto do plurilingüismo

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José Manuel Pinal, recordou que os docentes galegos deberán cumprir “coa legalidade vixente e aplicar o novo decreto do plurilingüismo”.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela prestará atención a nove idiomas o próximo curso

O Instituto Rosalía de Castro, situado en Santiago de Compostela, ofreceralle este próximo curso ao seu alumnado docencia de nove idiomas, que se complementará con materias sobre as respectivas culturas.

Fonte: La Voz de Galicia

O Concello da Coruña organiza obradoiros para achegarlles o galego aos non galegofalantes

A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, presentou o programa de actividades do Servizo de Normalización Lingüística, que inclúe obradoiros de integración cultural e lingüística para inmigrantes e emigrantes retornados.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder