Galicia

O BNG pide que a lingua portuguesa entre nos centros de ensino públicos

A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Carme Adán instou a Xunta de Galicia a ofrecer o idioma portugués como segunda lingua estranxeira en todos os centros públicos da comunidade que impartan educación secundaria, para o que reclamou que se doten "do profesorado necesario".

Fonte: Galicia Hoxe

Dúas novas publicacións do Centro Ramón Piñeiro afondan no patrimonio lingüístico e literario galego-portugués

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, vén de publicar dúas obras que afondan no patrimonio lingüístico e literario galego-portugués.

Fonte: Xunta de Galicia

Ramón Máiz Suárez gaña o X Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra "A arte do imposible"

Ramón Máiz Suárez é o gañador da décima edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, un galardón que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa.

Fonte: Xunta de Galicia

As tecnoloxías aplicadas ao ensino de linguas centran as xornadas de formación dos lectores de galego

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública as xornadas de formación para os lectores e lectoras de lingua e literatura galegas que organiza anualmente a secretaría xeral.

Fonte: Xunta de Galicia

O programa de dinamización lingüística Bocaberta despide o 2010 co mellor da maxia e da música en galego

Maxia e música daranlle a despedida ao 2010 en Bocaberta, o programa que leva a cabo a Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego entre os máis novos.

Fonte: Xunta de Galicia

Completan a tradución ao galego do sistema operativo Chrome

O sistema operativo Chrome está dispoñible xa tanto en galego coma en éuscaro desde o pasado 19 de decembro, polo que se converten xunto co chinés nos primeiros idiomas en teren traducidos todos os ficheiros ao 100 %.

Fonte: Código Cero

Galegolab pon a primeira pedra do que será unha guía en liña de negocios a prol do galego

Galegolab.org quere encher o baleiro que existe a día de hoxe no eido das guías (telefónicas e de negocios) no que a informar do emprego do galego se refire.

Fonte: Código Cero

O Concello de Ferrol reedita a campaña de dinamización lingüística nos mercados

O Concello de Ferrol reedita, coincidindo coa época de Nadal, a campaña de dinamización lingüística "En galego, con moito gusto", coa finalidade de promover a presenza social do idioma galego nos mercados municipais de Ferrol.

Fonte: La Voz de Galicia

As Casas das Linguas de Lugo xa teñen lista de espera e en 2011 incorporarán alemán

As dúas Casas das Linguas de Lugo, situadas en Acea de Olga e na Piringalla, teñen xa lista de espera, o que demostra, segundo o goberno local, a oportunidade dun proxecto deste tipo.

Fonte: El Progreso

Xa está na rede Phonogal, un conversor fonético automático para o galego

Está na rede Phonogal, un conversor fonético automático para galego que xera a transcrición fonética e mais a estrutura silábica de palabras escritas tanto en galego como con ortografía portuguesa.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder