Galicia
Investigadores da Universidade de Santiago perfeccionan un modelo matemático que analiza calquera situación de bilingüismo
O modelo está pensado para analizar calquera situación de bilingüismo e será publicado proximamente no New Journal of Physics. A última versión deixa aberta unha fiestra á esperanza da pervivencia da lingua propia de Galicia en forma de bilingüismo estable.
Fonte: Galicia Hoxe
Anxo Lorenzo afirma que o programa Bocaberta aposta pola dinamización do uso do galego a través das entidades locais
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no programa Bocaberta como unha aposta do seu departamento pola dinamización do galego a través das entidades locais e como un “exemplo de cooperación cos concellos no fomento do uso do idioma”.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Axóuxeres inician en Arteixo e Miño a súa nova programación de dinamización lingüística para nenos e nenas de 0 a 3 anos
A nova programación dos Axóuxeres inicia o seu percorrido nos concellos de Arteixo e de Miño. Esta iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística percorrerá unha ducia de concellos das catro provincias ata o próximo mes de marzo.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística organiza unhas xornadas para facilitar a aplicación dos proxectos de dinamización lingüística educativa
Facilitar a aplicación dos proxectos de dinamización lingüística educativa. Ese foi o principal obxectivo das xornadas de formación que vén de organizar en Santiago de Compostela a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A lingua galega viaxa esta semana por 28 concellos a través da música, da maxia e da banda deseñada de Bocaberta
Bocaberta, o programa de dinamización do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, visitará nos próximos días 28 localidades das catro provincias galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística aposta por aproveitar a potencialidade da literatura para promover a extensión social do galego
O sistema literario galego é unha vía imprescindible para a extensión e dignificación social da lingua galega, así como para a súa proxección exterior. Por iso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende reforzar a súa colaboración coas entidades que mellor coñecen este ámbito.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación acreditará o nivel de idioma para impartir materias nunha lingua estranxeira
A Consellería de Educación deseñou un sistema propio para acreditar os seus docentes co obxectivo de potenciar a participación na impartición de materias nun idioma estranxeiro, que poderían chegar a supor o 33 % do horario escolar segundo o decreto do plurilingüismo.
Fonte: Galicia Hoxe
O Proxecto Trasno dá a coñecer os acordos do seu festival de tradución ao galego de software libre
O festival de tradución ao galego de software libre que se celebrou en outubro de 2010 na vila de Ordes segue a ter repercusión, en boa medida a través das súas contribucións aos modelos de localización de programas á lingua galega que están por vir, para os que asenta alicerces importantes.
Fonte: Código Cero
Reclámanlle a Movistar que aposte dunha vez por todas polo galego
A Mesa pola Normalización Lingüística, a través do seu presidente, Carlos Callón, dirixiuse ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento e ao presidente de Movistar para pedirlles medidas precisas de apoio ao galego en todas as actividades que Movistar está a desenvolver en Galicia.
Fonte: Código Cero
Anxo Lorenzo anima os concellos a coordinarse na promoción social do uso da lingua galega
O responsable de Política Lingüística cualificou de “imprescindible” o papel dos municipios para impulsar a difusión do uso do idioma desde o ámbito local.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín