Galicia
Anxo Lorenzo salienta a contribución do Premio Narrativa Breve Repsol ao fortalecemento do sistema literario galego
O escritor Xurxo Sierra Veloso recibiu o Premio Narrativa Breve Repsol pola súa obra Os fíos, nun acto que estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; polo vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo; e polo director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto Cervantes e Educación avanzan na realización de proxectos conxuntos a prol da difusión da lingua galega
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, mantiveron unha reunión coa directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, co fin de valorar novas propostas de colaboración para a realización de actividades conxuntas.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo afirma que o galego ten un prestixio cultural consolidado e que agora cómpre incidir no seu prestixio social
"O galego xa ten un prestixio cultural consolidado, agora cómpre insistir no seu prestixio social”, afirmou Anxo Lorenzo na inauguración do Ciclo Lingua e Xuventude, un Debate para o Futuro, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
Fonte: Xunta de Galicia
A literatura galega conta coa primeira antoloxía desde a época medieval ata 2010, unha edición bilingüe galego-inglés
Trátase de Breogán’s Lighthouse, unha obra coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro na que colabora a Xunta de Galicia. A obra inclúe 150 autores e 285 textos en galego e traducidos ao inglés.
Fonte: Xunta de Galicia
Anxo Lorenzo asegura que o ámbito da xustiza segue a ser un dos retos para a extensión social da lingua galega
"Aínda nos falta moito por avanzar na difusión do galego na xustiza; con todo, cada vez son máis os profesionais que incorporan o uso do idioma á súa actividade", asegurou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na IV Xornada Xustiza e Lingua: Reflexións para a Normalización.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de 900 persoas optan a conseguir o certificado de lingua galega os días 27 e 28 de novembro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística realiza os días 27 e 28 de novembro os últimos exames Celga deste ano. Trátase das probas correspondentes ao nivel 3, que terán lugar o sábado 27, e mais ao nivel 1, que se realizarán o domingo 28.
Fonte: Xunta de Galicia
A lingua galega amosa a súa presenza nas industrias culturais no marco do Culturgal 2010
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu o acto de inauguración da Feira das Industrias Culturais Culturgal 2010, que reúne ata o 28 de novembro unha parte importante dos axentes do sector, así como máis de 150 horas de actividades.
Fonte: Xunta de Galicia
A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela arrinca unha campaña para triplicar o uso do galego
A Facultade de Dereito, unha das máis desgaleguizadas da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de comezar unha campaña para cambiar de tendencia. O obxectivo é que 30 de cada 100 horas de clases se impartan en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos propón incorporar o portugués á educación obrigatoria
O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) pediu o "consenso" dos poderes públicos para defender o galego e propuxo a incorporación do portugués á educación obrigatoria para "acercar" os alumnos galegos a "máis de 200 millóns de persoas lusófonas".
Fonte: Europa Press
Anxo Lorenzo gaba a contribución de Eduardo Pondal á intelectualización do galego na clausura de Outono Pondaliano
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con este proxecto de formación e divulgación lingüística e cultural que promove a Fundación Eduardo Pondal.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín