Galicia

A Concellería santiaguesa de Normalización Lingüística impulsa "Atopando Compostela", un xogo sobre a toponimia municipal

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou o proxecto de toponimia lúdica Atopando Compostela. Trátase dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago e está dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria, co fin de que se familiaricen cos nomes propios dos lugares do municipio no que viven.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Bocaberta enche de música, maxia e cómic esta semana de Entroido para que os máis novos amplíen a diversión en galego

Bocaberta enche este semana de Entroido co mellor da música, da maxia e da banda deseñada en galego para os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística promove a oferta de materiais educativos en lingua galega a través de axudas para a súa edición

Promover a oferta de recursos didácticos curriculares en galego. Este é o principal obxectivo das subvencións que convoca no Diario Oficial de Galicia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña convoca o II Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2011

Para darlle continuidade ao premio creado o ano pasado en memoria de Rosalía de Castro, co fin de recoñecer a promoción e dignificación do patrimonio lingüístico galego, a Deputación da Coruña convoca a II edición deste galardón.

Fonte: A Coruña Cultura

A Xunta homenaxea o intelectual Carvalho Calero coa reedición facsimilar dunha das súas obras máis senlleiras

A Xunta de Galicia recupera unha das obras máis senlleiras de Ricardo Carvalho Calero. Trátase dunha reedición facsimilar de Prosa galega, coa que o Goberno quere render homenaxe e honrar a memoria do que foi o primeiro catedrático de galego na universidade.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta contribúe á difusión e ao recoñecemento da poesía galega contemporánea a través do ámbito anglosaxón

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentaron Contemporary Galician Poets, un monográfico de poesía galega contemporánea dunha das revistas máis prestixiosas do Reino Unido, Poetry Review.

Fonte: Xunta de Galicia

Un total de 45 concellos de toda Galicia xa está adherido á Rede de Dinamización Lingüística

A Rede de Dinamización Lingüística conta nestes momentos cun total de 45 concellos adheridos, segundo informou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca os internautas para acabar coa discriminación do galego nas operadoras telefónicas

Co obxectivo de que non se dean máis casos de discriminación de tipo lingüístico no eido das empresas de telefonía, a Mesa convida os usuarios dos seus servizos en liña a facela partícipe de todo canto caso de desleixo co galego se poida rexistrar.

Fonte: Código Cero

Bocaberta entra no seu quinto mes de programación cunha axenda semanal repleta de actividades en galego para os máis novos

Bocaberta leva estes días múltiples actividades de dinamización lingüística polas catro provincias galegas cando se cumpren cinco meses da súa programación de 2010-2011.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación incrementará ata cen o número de centros plurilingües o vindeiro curso

O inglés como lingua vehicular en materias non lingüísticas óese, e fálase, cada vez máis nos colexios e institutos de Galicia. Este curso supuxo un importante avance neste modelo educativo, que xa seguen 26.386 alumnos de 294 centros da comunidade.

Fonte: El Correo Gallego

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder