Galicia
O BNG insta a Xunta de Galicia a adoptar medidas para permitir a recepción da televisión portuguesa a través da TDT
O BNG instou o Goberno galego a adoptar as medidas necesarias para posibilitar a recepción do sinal de radiotelevisión portuguesa en Galicia a través da TDT, co fin de avanzar cara á "reintegración lingüística" no mundo galego-portugués como factor "normalizador" da lingua galega.
Fonte: Europa Press
Unha nova iniciativa de Galegolab.org quere asentar o uso da lingua galega no fútbol
Unha nova iniciativa de Galegolab.org, a plataforma en liña para levar a lingua galega onde xa non se atopa, puxo en marcha na rede unha reivindicación para lembrarlles aos clubs de fútbol que, amais dos seus logros deportivos, tamén poden recoller froitos culturais e lingüísticos.
Fonte: Código Cero
O xogo de estratexia "The battle for Wesnoth" está dispoñible en lingua galega
Tanto o núcleo como a documentación do xogo de estratexia "A batalla por Wesnoth" están completamente traducidos ao galego, segundo afirman desde Trasno.
Fonte: Mancomún
A revista de fraseoloxía do Centro Ramón Piñeiro achega a lingua galega a estudosos de todo o mundo cun novo volume
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de publicar un novo volume dos seus Cadernos de Fraseoloxía Galega. Trátase do duodécimo número desta revista de investigación fraseolóxica que dirixe Xesús Ferro Ruibal.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística promove a incorporación do galego ao ámbito das ciencias coa publicación do "Dicionario de Bioloxía"

A incorporación da lingua galega ao ámbito das ciencias suma un novo impulso coa publicación do Dicionario de Bioloxía. Esta obra de carácter global, que abrangue toda a Bioloxía, inclúe termos en galego relacionados coa Antropoloxía, a Bioquímica e a Bioloxía Molecular, a Zooloxía, a Botánica, a Fisioloxía, a Xenética, a Microbioloxía, a Ecoloxía, a Bioloxía Celular e o Medio Ambiente.
Fonte: Xunta de Galicia
Os mozos e mozas de 22 concellos poderán gozar co galego esta semana a través das múltiples propostas de Bocaberta
Os mellores trucos e a maxia da palabra son algúns dos eixes principais das actividades que esta semana levará por 22 concellos de Galicia Bocaberta, o programa de dinamización do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega colaborarán na elaboración dunha gramática galega
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Real Academia Galega (RAG) asinarán dous convenios de colaboración por medio dos cales esta institución académica realizará unha gramática do galego actual e un dicionario de apelidos galegos.
Fonte: Europa Press
A Mesa pola Normalización Lingüística pide que a formación para sacar o permiso de conducir estea en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou acabar coa "exclusión e indefensión" dos galegofalantes na formación para sacar o permiso de conducir.
Fonte: Galicia Hoxe
Investigadores da Universidade de Santiago perfeccionan un modelo matemático que analiza calquera situación de bilingüismo
O modelo está pensado para analizar calquera situación de bilingüismo e será publicado proximamente no New Journal of Physics. A última versión deixa aberta unha fiestra á esperanza da pervivencia da lingua propia de Galicia en forma de bilingüismo estable.
Fonte: Galicia Hoxe
Anxo Lorenzo afirma que o programa Bocaberta aposta pola dinamización do uso do galego a través das entidades locais
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no programa Bocaberta como unha aposta do seu departamento pola dinamización do galego a través das entidades locais e como un “exemplo de cooperación cos concellos no fomento do uso do idioma”.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín