Galicia
A Consellería de Educación apoiará o ensino de linguas estranxeiras no rural a través da figura dos profesores xubilados nativos
A Consellería de Educación vai reforzar o ensino de linguas estranxeiras nos colexios e institutos do rural a través dos ‘seniors’, profesores xubilados nativos, segundo explicou o titular deste departamento nunha entrevista no programa ‘Bos Días’ da TVG.
Fonte: Xunta de Galicia
Política Lingüística organiza unha xornada formativa para reforzar a preparación do seu profesorado colaborador
A Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela acolleu o pasado 17 de xullo unha xornada formativa para o profesorado colaborador que impartirá os cursos de linguaxe administrativa de nivel superior dirixidos ao funcionariado da Administración autonómica.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase o VII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego.
Fonte: CTNL
Un estudo recupera a xerga dos canteiros
Hai 20 anos que o escritor Carlos Solla comezou a recompilar información sobre a linguaxe dos canteiros. O autor ten xa no "forno" unha obra que recolle e ordena por campos semánticos as crípticas palabras utilizadas por este gremio.
Fonte: Faro de Vigo
Trinta persoas participan nas Xornadas de Formación de Profesorado de Celga que organizan Política Lingüística e a USC
Un total de trinta persoas participan ata o 4 de agosto nas Xornadas de Formación de Profesorado de Celga, que habilitan para impartir os cursos preparatorios para obter o Certificado de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística traballa para que o galego chegue tamén a Asia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a traballar en novas vías para a proxección exterior da lingua galega. Con este obxectivo, o responsable do departamento, Anxo Lorenzo, mantivo un encontro co director do Instituto Cervantes de Manila, José Rodríguez, natural da Pobra de Trives (Ourense) e activo participante da vida cultural filipina.
Fonte: Xunta de Galicia
Pídenlle ao Concello de Sanxenxo unha versión en galego da súa páxina web
A Ciberirmandade da Fala anima a comunidade galega en liña a facerlle chegar á alcaldesa de Sanxenxo unha solicitude dixital para a posta en marcha dunha versión en galego da súa comunicación na web do Concello de Sanxenxo.
Fonte: Código Cero
A asociación Compostela Monumental e Política Lingüística colaboran para acadar unha maior visibilidade do galego no comercio
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental asinaron un convenio no que se establece a colaboración de ambas as entidades para avanzar na incorporación da lingua galega ao sector socioeconómico.
Fonte: Xunta de Galicia
O BNG pide que o galego sexa a lingua “preferente” na Xustiza
O Grupo do Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou unha iniciativa non lexislativa na Cámara autonómica para reclamar que o galego se converta en "lingua normal de traballo e de uso preferente" na Administración de Xustiza.
Fonte: Galicia Hoxe
Anxo Lorenzo participa na clausura oficial dos cursos de galego para estranxeiros en Santiago de Compostela
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou no acto de clausura do XXIII Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, que organizan o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega e que financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín