Galicia
Política Lingüística impulsa a extensión do uso do galego no ámbito relixioso da man da Diocese de Mondoñedo-Ferrol
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Diocese Mondoñedo-Ferrol reforzan a súa colaboración na promoción do uso da lingua galega, a través dun convenio no que se recollen diversas actuacións en materia de dinamización lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Fundación Preescolar na Casa promoverá o uso do galego a través de máis de 4.000 familias nun total de 262 concellos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Fundación Preescolar na Casa reforzan a súa cooperación a prol do fomento do uso do galego. Fano a través dun convenio de colaboración para continuar co programa Preescolar na Casa, unha iniciativa que busca favorecer a formación dos pais e das nais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.
Fonte: Xunta de Galicia
As tres universidades galegas inician a campaña "En galego tamén se fai ciencia"
A defensa do galego vai máis alá do emprego literario ou da reflexión lingüística, e inclúe o seu uso cotián en todos os ámbitos, tamén nos espazos específicos de investigación. As tres universidades galegas inician a campaña "En galego tamén se fai ciencia".
Fonte: CTNL
O programa Ben falado! regresa á grella da Televisión de Galicia con novos capítulos arredor da lingua galega
A Televisión de Galicia inicia o día 7 deste mes unha nova tempada do Ben falado!, o microespazo sobre lingua galega que promove e financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha en Redondela a campaña "A mellor escola, a casa. Fálalle galego"
Co obxectivo principal de facer chegar ás familias a necesidade de coidar e transmitir a lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e mais os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da localidade poñen en marcha a campaña "A mellor escola, a casa. Fálalle galego".
Fonte: CTNL
A Federación de Autónomos de Galicia e Política Lingüística potencian o uso do galego no ámbito empresarial
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o presidente da Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), Paulino Franco, asinaron un convenio de colaboración para potenciar o uso da lingua galega na actividade e no funcionamento desta última entidade, así como entre o colectivo de traballadores autónomos galegos que nela se integran.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta prevé crear salas que exhibirán cine en galego
A Xunta, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, prevé poñer en marcha o próximo ano 2011 un circuíto de salas de cinema públicas que acollan a emisión de películas en galego.
Fonte: Galicia Hoxe
Un total de 2.479 persoas realizou as primeiras probas deste ano para obter o Certificado de lingua galega
Un total de 2.479 persoas realizou as primeiras probas deste ano que convocou a Secretaría Xeral de Política Lingüística para obter o Certificado de lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A Diocese de Tui-Vigo comprométese a impulsar o uso do galego na súas celebracións e actividades pastorais
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, confirmaron a súa vontade de continuar colaborando na dinamización da lingua galega no ámbito relixioso.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace GalegoLab, un novo colectivo para sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego
GalegoLab é un colectivo creado para sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego, un laboratorio para crear e desenvolver accións positivas a prol da lingua, principalmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín