Galicia
Os Premios San Martiño poñen en valor as iniciativas que parten da sociedade e que fan posible o avance do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na entrega dos XXI Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns que, segundo afirmou, “celebran e recoñecen as iniciativas sociais que se desenvolven para a extensión do uso do galego”.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de 500 empregados públicos realizaron os primeiros cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas
Un total de 584 empregados públicos realizaron en 2011 os cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica galegas, os primeiros que pon en marcha a Xunta de Galicia nesta nova modalidade de formación para reforzar a competencia do persoal das administracións en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta porá a disposición dos cidadáns todos os modelos do Rexistro Civil en galego antes de 15 días

O director xeral de Xustiza, Juan José Martínez, afirmou que a Xunta porá a disposición dos cidadáns todos os modelos que se utilizan no Rexistro Civil en galego, nun prazo inferior a 15 días.
Fonte: Europa Press
Concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en lingua galega. Logo da ampla participación acadada na primeira edición da iniciativa, en 2010, con máis dun cento de propostas recibidas, a secretaría xeral pon de novo en marcha este concurso, co que busca promover a presenza do galego na comunicación propia das festas de Nadal e tamén no ámbito das tecnoloxías.
Fonte: Xunta de Galicia
A Rede de Dinamización Lingüística inicia o deseño do seu programa de actividades de fomento do galego para 2012
A Rede de Dinamización Lingüística está a preparar o deseño do programa de actividades que poñerá en marcha durante o próximo ano para promover a extensión social do galego desde o ámbito local.
Fonte: Xunta de Galicia
Nos próximos días sairá á venda un novo lector de libros electrónicos con wifi e menús en lingua galega
El Corte Inglés lanzará o vindeiro día 25 de novembro un novo lector de libros electrónicos que mide 166,66 x 114 x 10 milímetros, pesa 190 gramos e destaca por contar con menús en español, inglés, francés, alemán, italiano, neerlandés, catalán, éuscaro e galego.
Fonte: Código Cero
Unha nova aplicación para Android permite conxugar verbos en lingua galega
Xa está dispoñible unha nova aplicación para coñecer mellor os verbos galegos e as súas variantes: ConxuGalego. Trátase dunha ferramenta que nos permite, co emprego dun dispositivo con Android, introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular, e obter a súa conxugación en todas as súas diferentes formas.
Fonte: Código Cero
Os funcionarios e as funcionarias do Estado que traballan en Galicia reforzan a súa competencia lingüística en galego
A mellora da competencia en galego do persoal da Administración Xeral do Estado que presta os seus servizos en Galicia é un obxectivo que comparten a Xunta e o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP).
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha na rede un novo proxecto de radio en lingua galega

Un novo proxecto de radio en lingua galega vén de aparecer na rede: anfiteatrogzradio. A súa intención é a de encher as 24 horas do día con programación de diversos contidos, coa finalidade de crear unha emisora en galego que fomente os grupos musicais galegos, a literatura galega... e todo canto teña cabida no mundo da cultura.
Fonte: SNL de Redondela
Triúnfa nas redes sociais un vídeo musical en defensa do galego realizado polo alumnado do centro escolar de Cea
Un lipdub (un vídeo musical no que os protagonistas fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil dunha canción popular e que é costume realizar nunha soa toma) feito no CPI Virxe da Saleta de Cea a finais do pasado curso en defensa do galego está triunfando nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín