Galicia
Unha catedrática de Filoloxía realiza un estudo sobre as diferentes denominacións que recibe a chuvia en galego
A memoria de licenciatura da filóloga Elvira Fidalgo da Universidade de Santiago de Compostela analiza a relación íntima entre as formas de chamar a chuvia e a apreciación que fai quen o enuncia de como chove.
Fonte: Faro de Vigo
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolle unha xuntanza internacional sobre aplicacións TIC da lingüística
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, FIC, acolle a sexta edición dun encontro internacional sobre aplicacións informáticas da lingüística, un eido de actividade no que as empresas galegas están a pisar ben forte, como é o caso de firmas como Imaxin ou Galapps.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura e o Consello da Cultura Galega impulsan ferramentas técnicas para a Rede de Dinamización Lingüística

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares Paz, asinaron un acordo de colaboración en materia de normalización lingüística, ao abeiro do cal se deseñará e se implementará a ‘Biblioteca para a normalización lingüística’.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia pediralle á Wikipedia que corrixa os topónimos que están en castelán
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia transmitiralle á Fundación Wikimedia "o criterio correcto para o emprego dos topónimos de Galicia", lembrándolle "a normativa vixente e as directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas e outras publicacións".
Fonte: El Mundo
As 30 teses escritas en galego na Universidade de Santiago de Compostela en 2011 reafirman a validez da lingua na investigación
As 30 teses de doutoramento redactadas en 2011 total ou parcialmente en galego (tres das cales corresponden ao Departamento de Filoloxía Galega) reafirman a validez do idioma na investigación, malia a innegable proxección do inglés e tamén do castelán.
O Centro de Linguas da Universidade da Coruña amplía a súa oferta de cursos ante o paulatino incremento da demanda
O Centro de Linguas da Universidade da Coruña ten aberto o prazo de matrícula para unha nova quenda de cursos de alemán, inglés, francés, italiano e portugués en diferentes niveis.
Fonte: Diario de Ferrol
A Mesa pola Normalización Lingüística solicítalle á firma sueca Ikea que fomente o uso do galego na súa actividade comercial
A Mesa pola Normalización Lingüística vai solicitar unha reunión cos responsables da tenda que a multinacional Ikea ten na Coruña para animar a empresa a seguir buscando “avances concretos” para o uso do galego en toda a súa actividade comercial.
Fonte: El Ideal Gallego
A VIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas achegará os escolares ao patrimonio lingüístico galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas presentaron, no Museo do Pobo Galego, a VIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio lingüístico e cultural galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia apoiará economicamente a candidatura para obter o dominio .gal para a lingua e a cultura galegas
O Consello da Xunta de Galicia ratificou a achega de 213 000 euros á Asociación PuntoGal para financiar os custos da obtención do dominio .gal en internet.
Fonte: Código Cero
Un volume editado pola Universidade de Vigo analiza a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña
A dobraxe a unha lingua diferente ao castelán é un fenómeno recente que comezou nos anos oitenta co nacemento das televisións autonómicas, momento no que o galego, o catalán e o vasco pasaron a estar presentes en medios dos que estiveran relegados ata ese momento. Deste xeito naceu unha nova liña tanto de traballo coma de investigación, que analiza a obra editada por Xoán Montero Tradución para a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña. Experiencias investigadoras e profesionais.
Fonte: DUVI
Boletín
Subscríbase ao boletín