Galicia
O Concello de Pontevedra pon en marcha unha campaña para promover o uso do galego no ámbito do comercio
O Concello de Pontevedra pon en marcha, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística, Proba en galego, unha campaña para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa.
Fonte: CTNL
Jesús Vázquez salienta a importancia de "abrirlles aos nenos as portas do galego para abrírllelas ao plurilingüismo"
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou a importancia de “abrirlles ás nenas e aos nenos as portas do galego como primeiro paso para abrírllelas ao plurilingüismo”, unha tarefa na que ten un papel fundamental o traballo que está a desenvolver a Consellería que dirixe, a través da secretaría xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Cae a publicidade emitida en galego na Televisión de Galicia
A crise económica que repercute nos grandes anunciantes, a caída "importante" da publicidade institucional (estatal e autonómica) ou a desaparición das caixas de aforros galegas que operaban como tal son algunhas das razóns que esgrimiu o director xeral da Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, para explicar os motivos polos que descendeu a publicidade emitida en galego na Televisión de Galicia.
Fonte: Europa Press
A Mesa pola Normalización Lingüística conmemora a elección do primeiro alcalde que falou galego publicamente
O 23 de febreiro de 1936 tomaba posesión Ánxel Casal, primeiro alcalde de Galicia que falou en lingua galega ao desempeñar o seu cargo. Para conmemorar a efeméride, a Mesa pola Normalización fixo entrega no rexistro do Concello de Santiago de Compostela dunha petición para que o actual rexedor da cidade empregue o galego nas súas intervencións públicas.
Fonte: Culturagalega.org
O secretario xeral de Política Lingüística pon en valor o importante labor que desenvolven os equipos de dinamización do galego
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, inaugurou a Xornada de Innovación en Dinamización Lingüística para Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que se celebrou no IES As Fontiñas, en Santiago.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca un premio para empresas que destaquen polo seu uso "normal" do galego
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o premio 'Abertos ao Galego', ao que poderán optar todas as empresas que destaquen polo seu uso "normal" da lingua galega.
Fonte: El Correo Gallego
O Centro de Información á Muller de Sanxenxo incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas
O Centro de Información á Muller de Sanxenxo (Pontevedra) incorpora un servizo de teledradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custo a Secretaría Xeral de Igualdade e facilitará a comunicación en 51 idiomas.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín Paz Andrade conta xa coa súa dimensión máis actual e universal en internet
Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, conta xa cunha ferramenta fundamental para a posta en valor e a difusión da súa figura e do seu legado. Trátase do web oficial do autor (http://www.valentinpazandrade.es/).
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación convoca unha nova edición de cursos en liña preparatorios das probas Celga 1
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, abre o prazo de inscrición na nova edición de cursos en liña preparatorios das probas de acreditación do coñecemento de lingua galega (Celga).
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse en Galicia preto de 2500 prazas destinadas ao alumnado para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de 2495 axudas para os alumnos e alumnas que queiran realizar actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras en 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín