Galicia

A Asociación de Escritores en Lingua Galega premia os servizos municipais de normalización lingüística

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá o labor dos servizos de normalización lingüística dos municipios galegos, así como a dos equipos de dinamización dos centros educativos co seu premio anual a institucións.

Fonte: Galicia Hoxe

Cúmprense 200 anos da publicación do primeiro texto xornalístico en lingua galega

O xornalismo en lingua galega ten unha traxectoria longa, de dous séculos exactamente. O 5 de febreiro de 1812 publicouse na Gazeta de Santiago o primeiro texto xornalístico en galego, un artigo de opinión en forma de carta.

Fonte: Praza Pública

O Concello de Vigo presenta un videoxogo co que se pretende fomentar o galego e dar a coñecer o pasado da cidade

Aprender xogando. Esa é a proposta do videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón", que formula preguntas sobre a historia de Vigo desde a época megalítica ata a actualidade cun dobre obxectivo: fomentar o uso do galego e que os máis novos coñezan o pasado da cidade onde viven.

Fonte: Faro de Vigo

Un proxecto pretende promover a galeguización das empresas a partir da figura de Valentín Paz Andrade

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística quere aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa para dirixir unha campaña de normalización neste ámbito, "Empresa en galego", e presentar unha serie de accións arredor das cales se pode traballar desde os equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino.

Fonte: CTNL

Ábrese o prazo para participar no certame de artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con varios medios de comunicación escritos, convoca por oitavo ano consecutivo o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Fonte: Praza Pública

Galicia rexistrou en 2011 un aumento significativo da compra de publicacións en galego con respecto a 2010

Un informe elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) mostra como pouco a pouco está a producirse un aumento dos libros comprados en linguas autonómicas. Significativo foi incremento en Galicia, onde o 12,1 % dos libros mercados en 2011 estaban escritos en galego fronte ao 5,4 % de 2010.

Fonte: La Opinión

A versión en liña do novo dicionario da Real Academia Galega estará dispoñible proximamente

O novo dicionario da Real Academia Galega (RAG) estará dispoñible na súa versión en liña a partir da próxima semana, segundo anunciou o presidente da institución, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Fonte: De Luns a Venres

Ponse en marcha unha campaña para solicitarlle a Google un "doodle" para o Día das Letras Galegas 2012

Google dedica frecuentemente versións do seu logo, chamadas "doodles", a distintas conmemoracións. A idea desta nova campaña é pedirlle a Google un destes "doodles" para o Día das Letras Galegas 2012.

Fonte: GalegoLab

Os servizos de normalización de trece concellos organizan un club de debate para favorecer o uso oral do galego na mocidade

Os servizos de normalización lingüística (SNL) de trece concellos organizan o Club de debate, un certame dirixido a alumnado de 3.º e 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato para procurar favorecer o emprego do galego na mocidade en contextos formais, incentivar o pensamento crítico e o intercambio de opinións e afondar na fluidez comunicativa.

Fonte: CTNL

Máis de mil persoas subscriben un manifesto no que se pide xustiza para a lingua galega

Máis de mil persoas subscribiron o manifesto 'Queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización na súa defensa!, co fin de trasladar o seu apoio ás persoas denunciadas polo xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandían, tras esixirlle que cumpra a Lei de normalización lingüística e respecte a toponimia.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder