Galicia

A Real Academia Galega publica a 23 edición das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

As Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que establecen como escribir nesta lingua, chegan á súa 23 edición. A Real Academia Galega, cuxa Sección de Lingua é responsable deste texto, acaba de editar a obra, que mantén as mesmas propostas do que en anteriores versións.

Fonte: Culturagalega.org

Nace Sermos Galiza, un novo medio multiplataforma, colectivo e en galego

Sermos Galiza bota a andar, un novo medio dixital de información xeral en galego que a partir do 17 de maio será tamén un semanario en papel. O proxecto nace por iniciativa dun grupo de 14 persoas que inclúe a escritora Teresa Moure ou o músico Xurxo Souto. O obxectivo do novo medio é converterse nun referente da información en galego, coa lingua como principal trazo definitorio.

Fonte: El País

O dicionario en liña da Real Academia Galega recibe 1400 consultas diarias

A nova web da Real Academia Galega rexistra, desde a súa posta en marcha, unha media que rolda as 2000 visitas diarias, o que supón que desde primeiros de abril, cando se puxo en servizo a nova páxina, o total de visitas se achega xa ás 40 000.

Fonte: La Voz de Galicia

Unha campaña do Concello de Lugo promoverá o uso do galego nos ximnasios

Unha campaña do Concello pretende promover o uso do idioma galego nos nove centros que integran a Asociación Provincial de Ximnasios, que acollen a uns 5000 usuarios, 4000 deles adultos e o resto nenos.

Fonte: El Progreso

Cultura e Educación impulsa os primeiros servizos lingüísticos compartidos na Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a prestación conxunta de novos servizos lingüísticos para estender a dinamización social do galego a todo o territorio.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación participa na presentación pública dos actos conmemorativos do 50 aniversario das Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística representou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na presentación pública dos actos conmemorativos do 50 aniversario das Letras Galegas na sede da Real Academia Galega (A Coruña).

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación promoveu a lingua galega en máis de 50 concellos da man de FalaRedes

O programa de promoción do galego FalaRedes, impulsado dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as entidades locais adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) chegou nos seus primeiros 45 días a máis de 50 concellos.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación preséntalle ao alcalde de Burela o proxecto da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentoulle ao alcalde o proxecto da Rede de Dinamización Lingüística que a Xunta de Galicia puxo a andar en setembro de 2010 e que a día de hoxe conta xa con preto de 120 entidades adheridas.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación difunde o legado de Celso Emilio Ferreiro en Pontevedra a través dunha exposición interactiva

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difunde o legado de Celso Emilio Ferreiro en Pontevedra a través dunha exposición itinerante que estará ata o 11 de maio na biblioteca nodal da cidade.

Fonte: Xunta de Galicia

Comeza unha nova edición do Correlingua co lema "Galego, todo o que buscas"

A XIII edición do Correlingua, actividade lúdico-educativa de reivindicación da lingua galega, arrincou en Ourense e terminará o día 16 en Viveiro (Lugo) tras percorrer un total de 12 localidades galegas, segundo informan os organizadores nun comunicado.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder