Galicia

Nace unha plataforma en defensa dos medios públicos en lingua galega

Nace unha plataforma plural en defensa da radio e televisión públicas galegas, e presentan o manifesto Mira por elas que, entre outras cousas, defende que deben impulsar a normalización do galego.

Fonte: CTNL

A valedora española do Pobo admite unha queixa sobre o uso do galego nos sinais viarios

A valedora do Pobo, María Luisa Cava, admitiu unha queixa presentada polo partido político Converxencia XXI sobre o uso do galego na sinalización viaria, no que á presenza das dúas linguas cooficiais e a utilización dos topónimos exclusivamente en galego se refire.

Fonte: ABC

Cultura e Educación aposta por impulsar o uso do galego na creación literaria a través dos medios de comunicación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta por aproveitar a potencialidade e a capacidade creativa dos escritores en galego, especialmente de mozos e mozas, para ampliar os ámbitos desta lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Educación recibe en Galicia a Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu os membros da comisión executiva da Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), que celebra a súa primeira reunión anual na Cidade da Cultura de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Lugo terá unha ordenanza específica de normalización lingüística

O Concello de Lugo disporá dunha ordenanza específica para "avanzar no proceso de normalización lingüística e animar os cidadáns a utilizar o idioma galego sen complexos en todas as facetas da súa vida diaria", informou o tenente alcalde e responsable municipal de Cultura e Turismo, o nacionalista Antón Bao.

Fonte: De Luns a Venres

Un ciclo de concertos visibiliza a música rock feita en lingua galega

A música rock en galego é protagonista do novo ciclo de concertos que organiza o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Sala Karma, que reunirá a cinco grupos. Segundo o concelleiro Demetrio Gómez, esta actividade «é fundamental porque permite levar a normalización lingüística a onde é difícil chegar dende as institucións, a esa franxa de idade entre os 16 e os vinte e algo anos».

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta de Galicia organiza o curso ‘O galego campa: ferramentas e propostas para a dinamización da lingua galega na mocidade’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente, impulsarán a dinamización do galego a través do primeiro curso de formación específica en dinamización lingüística, ‘O galego campa’, no marco do Plan de formación no eido do tempo libre.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación leva a lingua galega polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística a través do programa FalaRedes

As actividades do novo programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixeron parada nos concellos de Ortigueira, Aranga, Betanzos, Cambados, Ponteareas, Melón e Ponte Caldelas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación pon en marcha os novos cursos en liña preparatorios das probas do Celga 1

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inicia os cursos en liña preparatorios para as probas de certificación de lingua galega no nivel Celga 1.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha recomendación reclama o uso do galego nos autobuses coruñeses

Unha das recomendacións recollidas no informe anual do Valedor do Pobo está relacionada co uso do idioma, concretamente do topónimo da cidade, por parte da Compañía de Tranvías. O Valedor do Pobo expón que, tanto no propio nome corporativo da empresa, como na práctica totalidade das informacións subministradas tanto a bordo dos autobuses como nas paradas, se emprega o nome castelán da cidade e non o oficial en galego.

Fonte: La Opinión

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder