Galicia

Cultura e Educación anima o alumnado de ESO e Bacharelato a seguir producindo materiais audiovisuais en galego en Rec-curta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, animou o alumnado de educación secundaria e de bacharelato “a seguir producindo materiais audiovisuais en galego e a dinamizar a lingua propia de Galicia en todos os ámbitos das súas vidas”.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa se pode descargar o Firefox 13 en galego

Xa está dispoñible para a súa descarga para Windows, Mac OS X e Linux a versión en galego do Firefox 13, que incorpora numerosas melloras de rendemento.

Fonte: Código Cero

As probas de certificación do coñecemento da lingua galega comezaron a fin de semana con máis de 3800 persoas matriculadas

As probas para obter a Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron a pasada fin de semana cun total de 3893 persoas matriculadas en Galicia e no resto de España.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación pechou a semana con sete actividades de ‘FalaRedes’ polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística

O mes de xuño iníciase cargado de actividades de promoción do idioma da man de FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que está a percorrer os concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación participará na próxima edición da feira Culturgal cunha achega de 170 000 euros

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación da convocatoria dirixida ás empresas galegas do eido cultural cara á súa participación en Culturgal 2012, a feira galega das industrias do sector que se celebrará en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación apoia o ingreso de Regueira Fernández na Real Academia Galega

Os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, asistiron á sesión extraordinaria pública celebrada pola Real Academia Galega para recibir como académico numerario a D. Xosé Luís Regueira Fernández.

Fonte: Xunta de Galicia

O xornal dixital en lingua galega Sermos Galiza chega aos quioscos o 8 de xuño

Sermos Galiza, novo medio dixital en galego, está a piques de chegar aos quioscos. Cada venres desde o día 8 de xuño sairá un novo número deste semanario.

Fonte: Código Cero

O Consello da Cultura Galega presenta un volume de investigación sobre os primeiros textos escritos en galego do século XIX

O Consello da Cultura Galega presentou un volume de Os papés d'emprenta condenada que recolle unha serie de artigos para comprender os inicios da prensa e da escrita en galego no século XIX.

Fonte: Culturagalega.org

Cultura e Educación participa na entrega de premios do VIII Certame “Falemos da nosa historia”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto de entrega de premios do certame de redacción e investigación histórica "Falemos da nosa historia", organizado polo equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro, en colaboración coa Universidade de Santiago.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación chega ás 120 actividades de dinamización lingüística nos concellos da rede con ‘FalaRedes’

O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolveu dende o mes de marzo un total de 120 actividades.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder