Galicia
Cultura e Educación achega a Sarria unha mostra interactiva sobre a obra e a vida de Valentín Paz-Andrade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achégalles a vida e obra de Valentín Paz-Andrade aos galegos a través da mostra itinerante que ata o día 15 de xuño poderá ser visitada no IES Gregorio Fernández.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Lugo potenciará o galego en escolas, empresas e institucións
A vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Mesa pola Normalización Lingüística acaban de asinar un convenio para a posta en marcha de diversas actividades destinadas a promover o uso do galego entre a poboación en xeral, pero de forma especial entre os mozos.
Fonte: El Progreso
Cultura e Educación inaugura en Ribeira a mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a lle render homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas a través da exposición itinerante ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.
Fonte: Xunta de Galicia
A firma galega Cilenis lanza as versións para móbil dos seus conxugadores verbais de español e portugués
Cilenis vén de lanzar á tenda Android un conxugador de español e un de portugués, que se poden descargar de balde para usar os dous idiomas con propiedade e corrección.
Fonte: Código Cero
Cultura e Educación resolve o certame de curtas de animación en galego do programa de dinamización Nós tamén creamos!
O certame Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coa Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, no marco do programa de dinamización lingüística homónimo, xa ten gañadores.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación contribúe á difusión do teatro galego coa publicación da obra “Madeira de gañador”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación de Madeira de gañador, a obra gañadora do I Premio de Teatro Varela Buxán.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación presenta en Ourense a campaña “Mil festas máis para a lingua galega”
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, presentou a campaña “Mil festas máis para a lingua galega”, cuxo obxectivo principal é o fomento social do uso do idioma, nomeadamente nas festas patrimoniais de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ponteceso pon en marcha un proxecto de recuperación da tradición oral galega
Un proxecto de recuperación da tradición oral acaba de comezar no Concello de Ponteceso. Trátase dun proxecto, “Ponte na fala”, que ademais ten unha clara compoñente 2.0 pois recollerá todo ese saber tradicional a través da rede, no seu espazo web pontenafala.wordpress.com.
Fonte: Que pasa na Costa
A revista Eroski Consumer xa está en galego
A cadea de supermercados Vegalsa-Eroski acaba de editar a súa revista mensual en galego. A aposta por esta lingua, e polo resto das linguas oficiais do estado español, vén xa de hai tempo, e na súa páxina web ofrécense todos os seus contidos en lingua galega.
Fonte: SNL Redondela
Cultura e Educación difunde no exterior a obra poética de Celso Emilio Ferreiro coa tradución ao inglés de Longa noite de pedra
Long Night of Stone é o título co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difundirá a obra do escritor Celso Emilio Ferreiro no ámbito internacional.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín