Galicia
Cultura e Educación presenta en Boiro 'FalaRedes’, que dinamizará o galego na mancomunidade ría de Arousa-Zona Norte
A consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad presentou en Boiro o programa de actividades “FalaRedes”, destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Xesús Vázquez Abad preside a entrega do premio Lois Peña Novo, no Castelo de Soutomaior, en Pontevedra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á entrega do premio Lois Peña Novo que nesta edición recoñeceu o Dicionario Xurídico Galego, cuxa edición é promovida pola Consellería en colaboración coa Revista Xurídica Galega (Rexurga), nun acto que se desenvolveu no Castelo de Soutomaior, en Pontevedra. Así mesmo, resultaron galardoados Luís Villares, maxistrado de Lugo, e o policía local de Redondela Gonzalo Amoedo.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación promove o cinema infantil en galego nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística con ‘Galego de cine’
A Consellería de Cultura e Educación enche o tempo de lecer con “FalaRedes” nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da man da actividade "Galego de cine".
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística entrega os premios da VIII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, entregou os premios da VIII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, convocados o pasado mes de marzo pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas en colaboración coa Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Arrancan nas universidades da Coruña e Santiago os Cursos de verán de lingua galega para persoas estranxeiras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Universidade da Coruña colaboran na organización do V Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, en cuxa inauguración participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que se celebrará entre os días 2 e 7 de xullo na capital herculina.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade da Coruña convoca a terceira edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convocan a terceira edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.
Fonte: Universidade da Coruña
Vázquez Abad asina un convenio coa Fundación A Rosaleda para dinamizar o galego no ámbito sanitario
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou co presidente da Fundación A Rosaleda, Xerardo Fernández Albor, un convenio de colaboración para a realización dun programa de actuacións en materia de dinamización lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A produción editorial en lingua galega descendeu un 10,2 % no último ano
A edición en galego decreceu no 2011 en 206 títulos, contra a tendencia global de aumento de títulos e baixada nas tiraxes.
Fonte: El Correo Gallego
A Consellería de Cultura e Educación presenta Por aquí chégase a Galicia, a última obra do teólogo Xosé Chao Rego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou a última obra do teólogo Xosé Chao Rego, Por aquí chégase a Galicia, editada por tresCtres Editores (3C3), en colaboración coa consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais co Grupo España Exterior.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación promove a investigación lingüística a través dunha nova edición do Certame Condado de Pallares
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo titular de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na rolda de prensa de presentación da VI edición do Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín