Galicia

A Universidade de Santiago de Compostela publica dous vocabularios galego-italiano de gastronomía e hostalería

Atender as necesidades concretas dos ámbitos directamente relacionados co turismo é a finalidade dunha serie de vocabularios galego-italiano que edita o Servizo de Publicacións da USC.

Fonte: USC

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo abre o período de matrícula para novos cursos de lingua galega

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo ten aberto o prazo de matrícula para os cursos de lingua galega que se impartirán no comezo do vindeiro curso 2012-2013. Ata o día 7 de setembro, poderase formalizar a inscrición nos seis programas formativos que abranguerán ademais do idioma, o eido da cultura, a normalización ou as habilidades comunicativas.

Fonte: DUVI

Un documental en inglés dá a coñecer a situación da lingua galega

"Lingua galega: o orgullo e a supervivencia" ("Galician Language: Pride and Survival") é un documental de dez minutos pensado para dar a coñecer a situación da lingua galega na actualidade contando, mesmo, con experiencias do pasado.

Fonte: Sermos Galiza

Comeza en Carballo o VIIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística promovido pola Consellería de Cultura e Educación

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou en Carballo na inauguración do VIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, coorganizado polo citado concello, a Universidade da Coruña (UDC), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Coordinadora Galega de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL).

Fonte: Xunta de Galicia

O Firefox 14 xa está dispoñible en galego

Xa é posible descargar a versión en galego para Windows, Mac OS X e Linux do Firefox 14 que destaca por empregar o protocolo de comunicacións seguras (HTTPS) para as buscas en Google.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación inaugura o IX Curso Audiovisual de Celanova, organizado pola fundación Carlos Casares

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o IX Curso de verán de extensión universitaria Crise vs Creatividade, os novos desafíos do audiovisual galego, ofertado pola Universidade de Vigo (UDV) a través da Cátedra Carlos Casares, que se desenvolverá desde hoxe ata o venres no auditorio municipal Ilduara de Celanova.

Fonte: Xunta de Galicia

Xesús Vázquez Abad presenta a nova edición da obra "Castelao na luz e na sombra", de Valentín Paz-Andrade

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, o libro Castelao na luz e na sombra, unha obra que reafirma, segundo expresou, “a nosa presenza como sociedade de cultura, e ten un novo punto de apoio sólido para proxectarse no tempo e cara ao mundo que nos rodea”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa O Galego Campa!

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, e mais o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, Ovidio Rodeiro, achegáronse ás instalacións do campamento xuvenil Espiñeira de Boiro, para presentar a nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa!

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta quere estender a rúas e empresas o emprego dos topónimos oficiais

O Goberno autónomo quere desenvolver a Lei de Normalización Lingüística, promulgada hai xa 29 anos, para estender a "obriga" de utilizar a toponimia oficial a ámbitos ata o momento alleos a esa imposición, entre eles, as rúas, outras vías urbanas e as empresas privadas.

Fonte: La Voz de Galicia

Catro estudantes dos cursos de verán de lingua galega de Santiago de Compostela achegan as súas impresións sobre a lingua

Polos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros/as, organizados pola Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da USC e máis a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pasaron arredor de 2400 persoas de moi diversos países de todo o mundo ao longo dos seus 25 anos de existencia. Na edición deste ano, catro dos 86 alumnas/os procedentes de 24 países de Europa, América e Asia achegan as súas impresións sobre a lingua e a cultura galegas.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder