Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á presentación das últimas obras de Neira Vilas na Feira do Libro da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación de obras de Neira Vilas na Feira do Libro da Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería Cultura e Educación impulsa o galego no ámbito socioeconómico da man da Confederación de Empresarios de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) colaboran para levar a cabo o programa 2012 para a potenciación e desenvolvemento de accións de dinamización lingüística no eido socioeconómico, a través das iniciativas derivadas das entidades empresariais e asociativas vinculadas á CEG.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa se pode descargar o LibreOffice 3.6 en galego
O paquete LibreOffice 3.6.0 chegou á súa versión final e xa está dispoñible para a súa descarga en galego nas súas versións para Windows, para Mac OS X e para Linux.
Fonte: Código Cero
O BNG denuncia a "exclusión" do galego no libro informativo das Festas de María Pita na Coruña
O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña denunciou a "exclusión" do galego no libro informativo editado con motivo das Festas de María Pita, segundo sinala nun comunicado, no que pide tamén ao goberno local que "vele" polo cumprimento do uso do topónimo oficial na súa documentación.
Fonte: Galicia Hoxe
Cultura e Educación e mais as tres deputacións da Rede de Dinamización levarán ‘Redecinema’ a 24 localidades neste mes
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais as deputacións adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) impulsan o novo programa de cinema de verán, que chegará durante este mes a 19 localidades galegas nas que se radican entidades pertencentes á RDL.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha iniciativa da Universidade de Vigo busca mellorar o inglés do estudantado grazas á convivencia con xente de fala anglosaxoa
Good morning! Ese será o saúdo que todas as mañás escoitarán os alumnos ou alumnas da Universidade de Vigo que se aloxen neste novo curso na Casa Inglesa, unha iniciativa pioneira posta en marcha pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra para perfeccionar o nivel de inglés do estudantado grazas á convivencia con mozos de fala anglosaxoa.
Fonte: Universidade de Vigo
Cultura e Educación e mais o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela colaboran para promover o uso do galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (ICA Santiago) asinaron un convenio de colaboración en materia de dinamización lingüística, que ten como finalidade seguir impulsando conxuntamente o galego no ámbito xudicial durante 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
O PPdeG únese á campaña 'Twitter en galego'
O PPdeG anunciou que se une á campaña 'Twitter en galego', que busca promover o emprego desta lingua nas redes sociais atendendo especialmente ao uso entre os máis novos.
Fonte: Galicia Hoxe
Unha antoloxía de 48 poemas do palestino Mahmud Darwix convértese no primeiro libro traducido do árabe ao galego
Moncho Iglesias e Samar Sabat converteron unha antoloxía de 48 textos do palestino Mahmud Darwix no primeiro libro traducido directamente do árabe ao galego.
Fonte: El País
Brigadistas da Xunta de Galicia esixen que os pilotos falen galego para entenderse
Traballadores do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia afirman que se dificultaron as tarefas de extinción na loita contra o lume no Barco de Valdeorras (Ourense) polas "deficiencias nas comunicacións" cos medios aéreos, xa que a estes traballadores non se lles pide a lingua galega como "requisito".
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín