Galicia
A Consellería de Cultura e Educación presenta unha campaña para impulsar o mercado dos produtos etiquetados en galego
A iniciativa "ConsumoGustos", promovida polo Foro Enrique Peinador e pola Asociación Galega de Adegueiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingúística, conta xa co apoio de produtores, hostaleiros, adegas e sindicatos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia lanza unha campaña para dinamizar a lingua galega no ciberespazo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, presentou a nova campaña de dinamización lingüística no ciberespazo: "Redes sociais en galego".
Fonte: Xunta de Galicia
O Dicionario da Real Academia Galega xa está dispoñible nos dispositivos móbiles
O proxecto GalApps lanza un conxunto de aplicacións da lingua galega para o móbil, entre as que se encontran o dicionario da Real Academia Galega.
Fonte: Real Acedemia Galega
A Consellería de Cultura e Educación promove unha nova campaña que dinamizará a lingua galega na hostalería
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de presentar unha nova edición da campaña de dinamización lingüística no sector hostaleiro, “Xantar Compostela”, que se desenvolverá nos máis de 1500 establecementos de restauración e hospedaxe integrados na Asociación Hostelería Compostela e localizados en máis de 50 concellos.
Fonte: Xunta de Galicia
A tradución ao inglés de "Cantares gallegos" lanzarase ao mercado anglosaxón a finais de ano
Galician Songs. Ese será o título da tradución ao inglés de Cantares Gallegos que verá a luz a finais deste ano da man da Editorial Small Station Press. A poeta e tradutora canadense Erín Moure (Canadá, 1955) é a responsable da versión anglosaxona do histórico poemario de Rosalía, cuxa publicación cumprirá 150 anos o próximo 2013.
Fonte: Praza Pública
A Xunta renova o manual de estilo do DOG para implementar unha linguaxe accesible e o uso correcto da toponimia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) contará cun novo manual de estilo que servirá de "referencia" ás demais publicacións institucionais como páxinas webs, gabinetes de comunicación ou manuais formativos. Con esta renovación, o propósito da Xunta é "modernizar a linguaxe xurídico-administrativa", facéndoa "accesible a todos os cidadáns", e promover o uso correcto da toponimia, entre outras cuestións.
Fonte: Galiciahoxe
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un novo caso de discriminación no Servizo Galego de Saúde
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer público que os familiares dun home que estaba a piques de morrer están a tramitar unha reclamación formal despois de que unha doutora do servizo de emerxencias do Servizo Galego de Saúde (Sergas) prohibise falar galego na casa do enfermo.
Fonte: Praza Pública
Máis de cen estudantes conclúen os cursos de verán de lingua galega promovidos pola Consellería de Cultura e Educación
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou en Compostela a XXV edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas organizado conxuntamente pola Real Academia Galega e polo Institito da Lingua Galega, en colaboración coa consellería de Cultura e Educación.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace RadioCadernos, un novo proxecto comunicativo para a diáspora

A emisora RadioCadernos intentará converterse nunha xanela aberta á emigración e os seus contidos, esencialmente en lingua galega, abordarán noticias de toda índole, cultura ou música desde unha perspectiva aberta, galega e progresista.
Fonte: Praza Pública
Valentín García participa na presentación dun libro de teatro para crianzas
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, asistiu á presentación da obra A nena levantadora de pedras. Seis pezas de teatro para nenos, do autor Cipriano Fernández Fernández. O libro recolle seis pezas de teatro escritas para seren representadas por nenos e nenas co obxectivo de que o alumnado de ensino infantil e de primaria se familiarice co xénero dramático.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín