Galicia

Un informe europeo advirte do perigo para o galego na era dixital

Actualmente "hai unha cantidade bastante reducida de produtos, tecnoloxías e recursos deseñados para o galego" no ámbito das tecnoloxías lingüísticas. Esta é unha das conclusións de Carmen García Mateo e Montserrat Arza Rodríguez, investigadoras da Universidade de Vigo, no informe O idioma galego na era dixital (The Galician Language in the Digital Age).

Fonte: Galicia Confidencial

Redondela programa un festival de monólogos para potenciar o galego

A iniciativa, impulsada desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, nace co obxectivo de “potenciar o uso oral da lingua galega” e de promover o traballo das persoas que apostan por esta lingua como ferramenta de traballo e como instrumento de creación artística.

Fonte: Faro de Vigo

Ponse en marcha en Pontevedra un proxecto para recuperar a toponimia do concello

A toponimia de Galicia é un patrimonio xigantesco e milenario que corre o risco de desaparecer nos próximos anos e que se busca preservar con iniciativas como o Proxecto Toponimia que desenvolve Xunta ou a web "Chamámonos así".

Fonte: Faro de Vigo

A Consellería de Cultura e Educación asiste á presentación do último libro de Neira Vilas na Feira do Libro de Carballo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do último libro escrito por Xosé Neira Vilas titulado Esperando ao leiteiro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación participa na presentación do libro ‘Acuario’, da ceense María Canosa, en Carballo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, participou na presentación de Acuario, un poemario sobre os peixes habitantes do mar dirixido aos máis novos e que foi elaborado pola ceense María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto Félix Muriel e o Concello de Rianxo comezan unha campaña de fomento do galego nos locais hostaleiros da localidade

"Refresca a palabra" é o slogan dunha nova campaña que dentro de pouco chegará aos establecementos hostaleiros do municipio rianxeiro. A iniciativa ponse en marcha grazas á colaboración entre o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Instituto Félix Muriel e o Concello e pretende fomentar o uso do idioma en todos os eidos da vida cotiá.

Fonte: La Voz de Galicia

Os profesionais da xoiería de Galicia contan cunha nova páxina web en lingua galega

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (COXGA) presentou a súa páxina web que ten o galego como lingua vehicular.

Fonte: CEG

Atopan no Museo de Pontevedra un pergamiño das Partidas de Afonso X o Sabio en galego

O Museo de Pontevedra localizou no seu arquivo un singular pergamiño medieval, cuxa existencia estaba documentada pero que, tras anos de busca, non aparecera. Trátase dun bifolio da tradución ao galego das Partidas de Afonso X o Sabio.

Fonte: Faro de Vigo

Seis novos lectores incorpóranse aos Centros de Estudos Galegos en universidades españolas e estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora seis novos docentes de lingua, literatura e cultura galegas aos lectorados dependentes do departamento dirixido por Vázquez Abad en universidades españolas e estranxeiras.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de ofrecer consellos para cambiar o idioma do navegador

Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas que queiran mudar o idioma do seu navegador.

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder