Galicia
A Consellería de Cultura e Educación e Vegalsa-Eroski achéganlle á cidadanía a figura de Paz-Andrade co gallo do Día das Letras
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a compañía galega de distribución alimentaria, Vegalsa-Eroski, volven a unir forzas, desta vez para achegar á cidadanía a figura de Valentín Paz-Andrade, poeta, político e empresario ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Os secretarios xerais de Medios e de Política Lingüística asistiron á entrega dos XIX Premios de Publicidade en Galego
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron á entrega dos XIX Premios de Publicidade en Galego convocados polos consellos asesores da RTVE en Galicia e da CRTVG, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación convoca 6 prazas en lectorados de galego de España, Francia, Reino Unido, Irlanda e Brasil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de convocar seis prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas de España, Francia, Reino Unido, Irlanda e Brasil.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación festexa a Semana das Letras Galegas con FalaRedes en 17 concellos da Rede de Dinamización
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria intensificará a actividade do programa FalaRedes durante a Semana das Letras Galegas, de maneira que nestes sete días chegará a un total de 17 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para sumarse á homenaxe á lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación proxecta a figura de Paz-Andrade en 16 países de Europa e de América a través dos Centros de Estudos Galegos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai partícipes da conmemoración das Letras Galegas e da difusión da vida e da obra do homenaxeado deste ano, Valentín Paz Andrade, a 16 países de todo o mundo a través da difusión de dúas exposicións confeccionadas por alumnado e profesorado de dous centros de ensino de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación salienta a figura de Valentín Paz-Andrade como un exemplo para as xeracións futuras
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, como un exemplo para as xeracións futuras. Así o expresou na entrega do premio ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo), polo traballo presentado ao certame escolar para a elaboración dunha exposición multidisciplinar arredor da figura do homenaxeado.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación suma o CDG á celebración do Día das Letras Galegas coa 'Ronda poética' da compañía Femme Fatale
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma ao programa xeral de actividades que está a desenvolver no marco da celebración do Día das Letras Galegas 2012 a Ronda poética que a Compañía Femme Fatale desprega o xoves 17 de maio polas rúas do casco antigo de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
O programa Festiletras cumpre 30 anos difundindo a lingua e a literatura galegas coa colaboración de Cultura e Educación
O concello de Ponteceso acolle estes días un amplo programa de actividades culturais a través de Festiletras 2012, un programa que se enmarca na celebración das Letras Galegas e que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación presenta Valentín Paz-Andrade. Cen chaves de luz
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o documental Valentín Paz-Andrade. Cen chaves de luz, unha crónica audiovisual producida por Acuarela Comunicación, en colaboración con Cultura e Educación.
Fonte: Xunta de Galicia
Alberto Núñez Feijóo preside a Sesión Plenaria Extraordinaria e Pública da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas
O xefe do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a Sesión Plenaria Extraordinaria e Pública da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas 2012, dedicado a Valentín Paz Andrade.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín