Galicia

Xesús Vázquez Abad destaca o traballo desenvolvido polo seu departamento a prol do prestixio e utilidade social da lingua galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou no Parlamento de Galicia o traballo que está a desenvolver o departamento que dirixe polo prestixio da lingua propia de Galicia, “convencidos de que o seu presente e o futuro dependen de que na sociedade cale o necesario sentimento de afecto e da utilidade que ten o noso idioma”.

Fonte: Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística asistiu á entrega da 3.ª edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega da 3.ª Edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura, a Pedro Benvante.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación e a Deputación da Coruña organizan o festival dos Bolechas-Letras Galegas 2012 para os máis cativos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coa Deputación da Coruña, anunciou en rolda de prensa unha nova actividade da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que levará á Coruña aos coñecidos Bolechas o vindeiro 13 de maio.

Fonte: Xunta de Galicia

O Plan de potenciación de linguas estranxeiras da Xunta de Galicia é un exemplo para os representantes de 12 países europeos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, entregou os certificados aos 16 docentes de 12 países da Unión Europea que estiveron en Galicia no marco do programa Lifelong Learning Programme.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación participa na iniciativa "En galego, agora e sempre"

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto da iniciativa “En galego, agora e sempre”, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística representada por Valentín García, que tomou parte no encontro organizado pola Entidade Local Menor de Morgadáns e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación recibe no Gaiás os estudantes de galego no instituto Cañada Blanch de Londres

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu na Cidade da Cultura de Galicia os 9 estudantes de 1º e 2º de ESO do Instituto Cañada Blanch (Londres) que están a visitar Galicia en viaxe de estudos. Desta forma as rapazas e rapaces complementan os seus estudos de lingua e cultura galegas, mediante o contacto directo coa lingua propia de Galicia e as actividades culturais programadas para a súa estadía.

Fonte: Xunta de Galicia

Un total de 17 cidades de todo o mundo lerá un manifesto a prol dos medios en galego

A plataforma Vitaminas para o Galego, que agrupa 29 medios de comunicación en lingua galega, prepara distintas accións para o Día das Letras, englobadas baixo o título de Vitaminas 17. Na véspera, 16 de maio, o manifesto a prol do xornalismo en galego, elaborado pola plataforma, lerase en 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 casas dos concellos, en 17 cidades de todo o mundo e traducirase ás 17 linguas máis faladas.

Fonte: Praza Pública

Promóvese a investigación lingüística coa concesión de oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a promover a investigación arredor da lingua galega coa concesión de oito novas bolsas de formación en proxectos que está a desenvolver o Centro Ramón Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación leva Falaredes a nove concellos da Rede de Dinamización en vésperas das Letras Galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística- segue a programar as actividades de FalaRedes polos concellos integrantes da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas achégalles a figura de Paz-Andrade a milleiros de cidadáns de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura de Galicia o programa de actividades promovidas pola Xunta de Galicia para dar a coñecer a figura de Valentín Paz-Andrade, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas a este poeta, político e empresario.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder