Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística presenta en Ribeira os Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Ribeira a sesión dos Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que acollerá durante a fin de semana a localidade barbancesa.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación presenta ‘Galego de cine’ en Santiago de Compostela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou en Santiago de Compostela a actividade de dinamización lingüística Galego de cine, que recalará na cidade compostelá nesta fin de semana.
Fonte: Xunta de Galicia
Representantes da Consellería de Cultura e Educación reúnense coa directiva da Asociación de Profesionais de Dobraxe de Galicia
Representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantiveron un encontro coa xunta directiva da Asociación de Profesionais da Rama Artística de Dobraxe de Galicia (APRADOGA), que estivo representada polo seu presidente, Andrés Bellas, e mais polo secretario da entidade, Carlos Jiménez.
Fonte: Xunta de Galicia
O BNG pide que o dominio do galego puntúe no acceso a postos laborais nas institucións da UE
O BNG pediulle á Comisión Europea (CE) que o coñecemento da lingua galega sexa valorado no proceso de selección para acceder a postos de traballo nas institucións da Unión Europea.
Fonte: Galicia Hoxe
Edicións Morgante presenta o Superdicionario Castelán-Galego

Superdicionario Castelán-Galego é o título do último lanzamento da editora Morgante. Un volume que, a partir do dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, amplía contidos ata as 27 000 entradas, entre elas 2500 topónimos de todo o mundo, e inclúe 17 000 locucións.
Fonte: Culturagalega.org
Cultura e Educación súmase á celebración do Día da Tradución como fonte de intercambio e enriquecemento cultural
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria súmase á celebración do Día da Tradución, unha data para lembrar a importancia de trasladar a outras linguas a nosa creación literaria e, ao mesmo tempo, a posibilidade de acceder á literatura doutros pobos a través das reescrituras en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación desprega actividades por unha ducia de localidades da Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non deixa de ofrecerlles aos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) unha ampla oferta de actividades de lecer en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva os Monólogos de serán a Cangas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sesión dos Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que acolleu o concello pontevedrés de Cangas.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística pide que a concesionaria de telefonía do Parlamento inclúa a opción de atención en galego
Para a Mesa pola Normalización Lingüística é importante que a Cámara galega siga adiante co compromiso achegado en abril de 2011 segundo o cal se garantiría a atención en galego como un requisito para a vindeira concesionaria de telefonía móbil no Parlamento.
Fonte: Código Cero
Xesús Vázquez Abad presenta a nova base de datos terminolóxica bUSCatermos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a base de datos terminolóxica 'bUSCatermos'.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín