Galicia

Xesús Vázquez Abad participa na entrega dos premios Rosalía de Castro, outorgados polo Centro Pen de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na entrega dos premios literarios Rosalía de Castro do Centro Pen de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Descende a edición en galego en 2011

O 2011 foi un mal ano para a edición en Galicia e en galego, segundo os informes Comercio Interior del libro en España 2011 e El sector del libro en España 2010-2012. O director de Xerais, Manuel Bragado, recolle no seu blog unha análise dos datos presentados, que revelan que a edición en galego minguou un 16,3 % (de 2544 a 2130 títulos), segundo o informe de comercio interior, mentres o outro estudo cifra o descenso nun 5,22 % con 1922 títulos editados o pasado ano.

Fonte: Culturagalega.org

Feijóo afirma que a identidade galega dos nosos emprendedores non supón hándicap ningún para a súa expansión

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a identidade galega das nosas empresas non supón hándicap ningún para a súa expansión porque “lonxe de empequenecer -dixo- a galeguidade engrandece. E o idioma tamén”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta presenta Espello Deportivo, a nova campaña da Rede de Dinamización Lingüística dirixida ao fomento do galego no deporte

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, Valentín García, presentou na Coruña a nova campaña de promoción do uso do galego no ámbito do deporte.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia presenta os novos Axóuxeres, un programa para fomentar a transmisión interxeracional do galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer a nova edición dos Axóuxeres, un programa multiplataforma destinado a dinamizar a lingua galega e a súa transmisión interxeracional nas familias con nenos de 0 a 6 anos de idade.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia leva ‘FalaRedes’ a tres concellos da Rede de Dinamización Lingüística durante a fin de semana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achega a lingua galega ao tempo de lecer a través de ‘FalaRedes’, que leva o seu ‘Señor das dunas’ aos concellos de Xinzo de Limia, Ribas de Sil e Quiroga, pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Nace 'Ollos de Aula', a revista da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o primeiro número de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias.

Fonte: Praza Pública

A avogada Consuelo Castro Rey defende o uso do galego na xurisprudencia na súa investidura como académica

Castro Rey, no seu su discurso de ingreso na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, elixiu o controvertido tema da diversidade lingüística no marco político do Estado e do Dereito.

Fonte: El Ideal Gallego

A Consellería Cultura e Educación reúnese con representantes de casas museo e fundacións de escritores de España e Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no acto de recepción dos participantes no I Encontro Ibérico de Casas Museo e Fundacións de Autor.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa é posible descargar o navegador Firefox 16 en galego

Unha vez máis, antes do seu anuncio oficial, chega aos servidores de Mozilla a nova versión en galego do seu navegador web Firefox, que xa se pode descargar de balde para Windows, OS X e Linux.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder