Galicia
O Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo organizan as primeiras xornadas de poesía Manuel Leiras Pulpeiro
Coincidindo co centenario da súa morte, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo tratan de pór en valor a figura do escritor mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro, por medio dunhas xornadas de poesía.
Fonte: Crónica3
"O Señor das Dunas" chega ao Pereiro de Aguiar da man da Consellería de Cultura e Educación
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva ao Pereiro de Aguiar o espectáculo de dinamización lingüística "O Señor das dunas", no marco da participación deste concello na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e do programa FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa no tributo á escritora Anisia Miranda polo terceiro aniversario do seu pasamento
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Anisia Miranda, que acolleu o Centro Cultural de Gres con motivo do terceiro aniversario do pasamento da escritora galega-cubana, falecida o 22 de outubro de 2009.
Fonte: Xunta de Galicia
A asociación Trasno presenta o sistema operativo Ubuntu 12.10 co galego no posto 14 dos idiomas máis completos
A comunidade de galeguización de software libre de Ubuntu, o Ubuntu Galician Team, que está integrado en gran medida por membros tamén de Proxecto Trasno, acada o 14º lugar entre todos os idiomas do mundo en completar a máis popular distribución GNU/Linux.
Fonte: Trasno
Cultura e Educación participa na presentación do ‘Cancioneiro de Cabana de Bergantiños’, de Olga Kirk e Pablo Díaz
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, participou na presentación pública do Cancioneiro de Cabana de Bergantiños.
Fonte: Xunta de Galicia
A Asociación de Xordos de Vigo recibe do Concello 6000 euros para a contratación dun intérprete de lingua de signos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Miguel Ángel González, asinaron un convenio de colaboración polo que a Concellería de Participación Cidadá achega 6000 euros para que o colectivo contrate un intérprete en lingua de signos.
Fonte: Concello de Vigo
Cultura e Educación e as universidades galegas planifican actuacións conxuntas para dinamizar a lingua no ámbito universitario
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Vigo na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que está representada a través dos responsables das secretarías xerais de Política Lingüística e de Universidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase unha nova edición do certame de narrativa curta do Concello de Lugo que busca fomentar a produción literaria en galego
O Concello de Lugo convoca unha nova edición do seu premio de narrativa curta, segundo anunciou o concelleiro de Cultura Antón Bao. O obxectivo deste certame é «fomentar a creatividade e a produción literaria en lingua galega».
Fonte: La Voz de Galicia
Xesús Vázquez Abad presenta os encontros teatrais dos Axóuxeres que arrancan en Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, presentou os encontros teatrais dos Axóuxeres, os espectáculos teatrais para bebés de 0 a 3 anos e para as súas familias que chegarán durante as fins de semana do outono a 20 localidades.
Fonte: Xunta de Galicia
Danse a coñecer os nomes dos galardoados deste ano cos Premios San Martiño de Normalización Lingüística
O padroado da Asociación Cultural O Brado da Estrada deu a coñecer os nomes das persoas e entidades que recibirán este ano os seus Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns que se entregarán o vindeiro 15 de novembro no Teatro Principal da Estrada.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín