Galicia
Cultura e Educación forma os equipos de dinamización da lingua galega para acolleren no noso idioma o alumnado estranxeiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou as xornadas formativas para equipos de dinamización da lingua galega Acollendo en Galego. Integración Lingüística e Cultural do Alumnado de Procedencia Estranxeira.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase o último volume dos Cadernos Ramón Piñeiro que recolle as misivas de Álvaro Cunqueiro a Alberto Casal
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o Caderno Ramón Piñeiro número XXIII, Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961).
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en Gondomar na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do V Premio de Poesía Victoriano Taibo que recaeu na viguesa María Concepción Álvarez Lebredo, polo poemario Distancias e Simetrías.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa se pode descargar Firefox 17 en galego
O navegador web de Mozilla xa está actualizado, de xeito que xa podemos descargar o Firefox 17 en galego nas súas versións para Windows, OS X e Linux.
Fonte: Código Cero
Ponse en marcha unha nova rede de investigación tecnolóxico-lingüística formada por grupos das Universidades de Santiago e Vigo
O CiTIUS, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, acolleu a posta en marcha da rede Tecnoloxías e análise de datos lingüísticos, integrada por seis grupos de I+D dos sectores lingüístico, informático e estatístico.
Fonte: Código Cero
Valentín García asiste ao X aniversario da Escola Infantil Municipal da Estrada
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á celebración do X aniversario da Escola Infantil Municipal da Estrada.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha web axudará a traducir Twitter ao galego
Carlos García, responsable de crear a conta en Twitter, @twitter_en_galego, abre agora unha páxina web cos pasos que cómpre seguir para axudar a que teñamos esta rede social nesta lingua.
Fonte: Sermos Galiza
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala o equilibrio entre galego e castelán e a introdución do plurilingüismo no ensino
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) constata a legalidade, no seu conxunto, do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, así como dos seus principios inspiradores, por canto avala o equilibrio entre galego e castelán, considera axustada a dereito a introdución do plurilingüismo e constata que potencia a promoción do galego no sistema educativo.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia continúa a capacitar o persoal público en linguaxe administrativa e xurídica galegas
A Xunta de Galicia está a desenvolver desde setembro ata decembro 21 cursos en liña de linguaxe administrativa e xurídica, nos que participan 630 alumnos/as, que teñen como obxectivo seguir capacitando en lingua galega o persoal ao servizo das administracións públicas.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación continúa coas actividades de dinamización destinadas ás localidades da Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a fornecer de actividades dinamizadoras a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia a través dos programas que ten en marcha de maneira simultánea para promover o uso do galego e ofrecerlle á cidadanía unha ampla oferta destinada ao tempo de lecer.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín