Galicia
Máis de cen voluntarios traducen gratis redes sociais e contornos web ao galego
Nin o sistema de mensaxería WhatsApp, nin as redes sociais de YouTube, Facebook ou Twitter nin tampouco o sistema web Gnome para Linux foron ofertados en galego na súa primeira saída ao mercado. Na actualidade, porén, algúns deles xa poden usarse no idioma de Castelao mentres que, para outros, hai proxectos en marcha de tradución desde o inglés. Calcúlase que, polo menos, máis dun centenar de galegos se sumaron a varios proxectos para traducir gratis estes programas, contornos web e redes. Os voluntarios non cobran por este traballo.
Fonte: La Opinión
Xesús Vázquez Abad homenaxea a Eduardo Blanco-Amor na IX Xornada de lembranza celebrada en Ourense
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, participou no acto homenaxe a Eduardo Blanco-Amor na IX Xornada de lembranza.
Fonte: Xunta de Galicia
Malia aumentaren, poñerlles un nome galego aos nenos e nenas segue a ser minoritario
Sara, para as nenas, e Hugo, para os nenos, foron os nomes máis postos aos nados en Galicia en 2011. Para os nomes en galego hai, en ambos os casos, que ir ao número 13 dos máis habituais: Antía para nenas e Iago para nenos.
Fonte: Sermos Galiza
O selo de produtos e servizos en liña O-Visio ofrece cursos en galego sobre redes sociais e imaxe dixital
O selo de produtos e servizos en liña O-Visio ofrece cursos, en lingua galega, cuxa finalidade é ampliar os coñecementos dos usuarios acerca das redes sociais e dos fundamentos básicos da imaxe dixital.
Fonte: CEG
O Instituto da Lingua Galega revisa trinta anos de estandarización do idioma galego
En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega.
Os ‘Encontros dos Axóuxeres’, promovidos por Cultura e Educación, conclúen o seu periplo pola Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conclúe coas sesións dos Axóuxeres previstas na edición 2012 do programa, dirixido á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia e coordinado desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de trescentos estudantes pontevedreses acceden ao portugués a través do galego

«Poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran» e «mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil» son os dous obxectivos prioritarios dun obradoiro no que participan máis de trescentos alumnos pontevedreses de ESO e bacharelato.
Fonte: La Voz de Galicia
O verbo dos canteiros segue vivo en Moaña, aínda que en perigo de extinción
O Concello de Moaña está a organizar unha convocatoria con veciños do municipio, sobre todo canteiros, que coñezan esta lingua co fin de rexistrala para que non se perda, xa que cada vez conta con menos falantes.
Fonte: Faro de Vigo
A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe xurídica galega en liña
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe xurídica galega en liña.
Fonte: CEG
Rostros populares promoven a merca de produtos con etiquetas en galego

O Foro Enrique Peinador lanza unha campaña que trata de impulsar as marcas que se etiquetan en galego. Chámase "Consumogustos" e xa conta con moitos rostros coñecidos dispostos a espallar a idea.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín