Galicia
A TVG amplía a oferta de subtitulado en galego de producións audiovisuais
Comezaron con Casamos! a opción de poder visionar as emisións da cadea na TDT con subtítulos en galego. Agora, despois dunha fase de probas, a Televisión de Galicia incrementa a oferta de programas subtitulados nas súas dúas canles a través da TDT.
Fonte: Culturagalega.org
Cultura e Educación presenta a Cidade de Cenoiro, nunha nova aposta pola difusión do galego a través dos xoguetes
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentoulles aos medios de comunicación o xoguete educativo en galego A Cidade de Cenorio, realizado pola recentemente creada empresa galega Galileo Nenos.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación entrega os galardóns do certame de pintura e poesía ‘Cores con palabras’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, participou no acto de entrega de premios do certame “Cores con Palabras”.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa na inauguración do Simposio ILG-2012
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na apertura do Simposio ILG-2012 - Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación e mais a Universidade de Vigo presentan o ‘Dicionario moderno inglés-galego’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na presentación oficial do Dicionario moderno inglés-galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xustiza desestima o recurso contra o decreto do plurilingüismo de Galicia Bilingüe
O decreto do plurilingüismo xa ten a súa sétima sentenza, e esta vez rexéitase totalmente o recurso presentado por Galicia Bilingüe.
Fonte: La Voz de Galicia
Máis de 30 000 alumnos recitan a Celso Emilio en toda Galicia
Máis de 30 000 alumnos repartidos por 200 centros de toda Galicia se sumaron á iniciativa organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación pon en marcha ‘Lingua de Reis’, a primeira das iniciativas destinadas a festexar o Nadal en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- puxo en marcha ‘Lingua de Reis’, a primeira das accións recollidas no programa ‘Nadal en Rede’, que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) aprobou, a proposta da súa Área Técnica, no marco da programación de actividades de difusión do galego para o ano 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase en Lugo o espazo web ‘Proxéctate en galego’ para a potenciación do uso desta lingua no ámbito académico e científico
"Proxéctate en galego" é unha iniciativa que xorde das Comisións de Normalización Lingüística do Campus e Lugo e que, segundo os seus promotores, “pretende mostrar o galego como unha oportunidade, unha lingua viva e dinámica”.
Redondela fomenta o uso do galego no comercio a través dun concurso de escaparates que inclúan lemas nesta lingua
Os comercios participantes deberán incluír algún lema específico para motivar a súa clientela a que merque os seus produtos, e implica que poñerán a súa publicidade, os rótulos e os prezos, así como os carteis de descontos, ofertas especiais ou bos desexos para as festas, tanto dentro coma fóra do local, en lingua galega.
Fonte: SNL Redondela
Boletín
Subscríbase ao boletín