Galicia

As editoriais galegas mantiveron en 2011 a oferta de libros, cun total de 2156 títulos

As editoriais galegas publicaron en 2011 un total de 2156 títulos, venderon preto de dous millóns de exemplares e facturaron 27,17 millóns de euros.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación impulsa a creación de novos materiais didácticos en galego para a aprendizaxe do xadrez

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou unha nova acción da campaña “Xaque nas aulas”.

Fonte: Xunta de Galicia

Resólvese o Premio Manuel Beiras 2012 que recoñece o uso do galego no eido empresarial

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio entregaron os galardóns da décimo terceira edición do Premio Manuel Beiras.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Nace unha revista de sociolingüística para o ensino

A letra miúda é unha nova revista dixital que tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para os docentes.

Fonte: Galicia Confidencial

Cultura e Educación pon en marcha ‘Nadal en Rede’, un programa que promove a galeguización das festas do Nadal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, achegouse ao concello coruñés de Aranga para asistir a unha das actividades do novo programa dinamizador da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), "Nadal en Rede".

Fonte: Código Cero

Prosegue o proceso para a consecución dun dominio para a lingua e a cultura galegas

En xuño confirmouse que o número de dominios de primeiro nivel que van someterse a avaliación por parte de ICANN ascende a 1930. Para elixir a posición en que van ser valorados, celebrouse un sorteo en Los Ángeles no que asignaron aleatoriamente números para determinar a orde de avaliación. A iniciativa galega conseguiu o posto 742.

Fonte: Código Cero

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse ao acto de recoñecemento a Salvador García-Bodaño

Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura asistiron ao acto de imposición da insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela ao actual presidente do Ateneo de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación leva ao Museo do Mar de Galicia unha exposición multimedia sobre a figura de Valentín Paz-Andrade

O Museo do Mar de Galicia acolle ata o próximo 19 de xaneiro a exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Os equipos de dinamización lingüística celebran o Nadal en galego

Os equipos de dinamización da lingua galega ofrecen unha manchea de recursos para festexar o Nadal en galego desde as aulas, así como materiais escolares confeccionados con motivo desta celebración.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continuará apoiando a Real Academia Galega no 2013

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, confirmou que en 2013 a Real Academia Galega continuará a ter unha achega económica por parte da Xunta, así como o apoio da Administración autonómica para a realización das actividades e proxectos que desenvolva a devandita institución.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder