Galicia

O barrio vigués de Valadares elabora un mapa toponímico e xenealóxico en busca de donos de terreos

O Centro Veciñal e Cultural de Valadares está a traballar na elaboración dun mapa toponímico e unha árbore xenealóxica desde 1900 de toda a parroquia e os seus habitantes.

Fonte: La Voz de Galicia

Cultura e Educación inaugura en Lalín a mostra multimedia interactiva 'Celso Emilio Ferreiro'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, inaugurou en Lalín a mostra multimedia interactiva sobre Celso Emilo Ferreiro.

Fonte: Xunta de Galicia

A mostra ‘Querido Balbino,1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’ chega ao Val do Dubra da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Bembibre a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela pretende facer un glosario de termos xenuínos da vila e a súa contorna

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración con Radio Redondela, pretende facer un glosario de termos xenuínos de Redondela e a súa contorna. Con este obxectivo solicita a colaboración de toda a veciñanza do municipio para que fagan as súas achegas e contribúan a crear este glosario de termos e expresións redondelás en lingua galega.

Fonte: SNL de Redondela

A Consellería de Cultura e Educación presenta en Santiago a actividade de dinamización lingüística ‘O Señor das Dunas’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou que a actividade de dinamización lingüística ‘O Señor das Dunas’, destinado ás entidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), chegará esta fin de semana á capital de Galicia no marco do programa ‘FalaRedes’.

Fonte: Xunta de Galicia

O xestor de contidos WordPress 3.5 estrea tradución ao galego

O popular xestor de contidos WordPress acaba de estrear a súa versión 3.5, que achega numerosas novidades importantes. Ademais todas estas melloras están xa dispoñibles tamén en galego, grazas ao traballo de voluntarios.

Fonte: Código Cero

A Universidade de Santiago convoca cursos de doce linguas diferentes para o segundo cuadrimestre, co árabe como novidade

O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela oferta para o segundo cuadrimestre novos cursos de árabe, catalán, checo, chinés, danés, lingua de signos, portugués, ruso, xaponés, inglés, galego para non galegofalantes e español para estranxeiros.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Galicia é a cuarta comunidade con máis persoas estudando inglés

O 33 % dos galegos renunciaría ao sexo durante un ano e un 58 % estaría disposto a pagar 10 000 euros por ter un nivel perfecto de inglés, segundo o último informe elaborado pola Cambridge University Press.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación convoca axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino público de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo pública a Orde pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia para o curso escolar 2012-2013.

Fonte: Xunta de Galicia

A edición privada en galego baixa un 26,37 por cento

As editoras galegas non institucionais publicaron en 2012 un total 2190 títulos, 800 menos do que no período anterior. A edición en galego é a que sufriu especialmente a mingua, xa que se pasou de editar 1855 títulos en 2011 a só 1340 no pasado ano, un 26,37 % menos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder