Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística critica a irrelevancia da lingua galega na campaña de Nadal do Concello da Coruña

Con motivo da súa campaña de Nadal, o Concello da Coruña que preside Carlos Negreira (PP) inzou a cidade de carteis con lemas que para o grupo local d'A Mesa pola Normalización Lingüística "ridiculiza" a cidade e non só pola "clamorosa irrelevancia da lingua galega".

Fonte: Praza Pública

A Deputación de Pontevedra impulsa os mercados municipais a través da tecnoloxía empregando a lingua galega

A Deputación de Pontevedra impulsa tecnoloxicamente os mercados municipais empregando tamén a lingua galega na aplicación para dinamizar o comercio como sector produtivo.

Fonte: CEG

O 2012 foi un ano de récords na Wikipedia en galego

A comunidade de editores e editoras da Wikipedia en galego levaba dende 2008 facendo unha media aproximada de 12 000 novos artigos por ano, mais neste 2012 a cifra foi moi superior: máis de 15 000.

Fonte: Prolingua

O conselleiro de Cultura e Educación presenta ‘O libro dos Reis Magos’ para impulsar o uso do galego entre os máis cativos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a publicación O libro dos Reis Magos, realizada a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e editada por Galaxia.

Fonte: Xunta de Galicia

Varios diarios sacan a súa portada en galego ante a petición da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Cabeceiras de xornais galegos chegaron o 2 de xaneiro aos quioscos coa portada integramente en lingua galega, en atención a unha suxestión do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: EFE

A Consellería de Sanidade principia un programa de videointerpretación baseado en tablets

Para beneficiar a máis de 800 persoas con discapacidade auditiva en Galicia o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Consellería de Sanidade inician un programa piloto que busca mellorar a comunicación entre profesionais sanitarios e pacientes a través de tablets que incorporan un programa de videointerpretación en lingua de signos.

Fonte: Código Cero

Larsa é unha das empresas que máis aposta polo galego e identifica a súa marca co uso desta lingua

No sector lácteo galego, Larsa é unha das empresas que identifica a súa marca co uso da lingua galega, algo que se comproba na rotulación dos envases, así como na cartelería das fábricas. Ademais, foi a primeira empresa que incorporou os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras e consumidores e consumidoras no articulado do convenio colectivo nos primeiros anos da década dos noventa.

Fonte: Praza Pública

Investigadoras da Universidade da Coruña organizan unha mostra bilingüe galego-inglés sobre astronomía

A exposición ten como obxectivo a promoción de dúas linguas dentro dun marco bilingüe galego-inglés. Ao mesmo tempo, apoiarase a accesibilidade tanto á lingua como á cultura inglesas, así como á disciplina da astronomía.

Fonte: Universidade da Coruña

Recorren ao Valedor do Pobo para esixir que a piscina municipal de Redondela cumpra a ordenanza do uso do galego

Un usuario da piscina municipal de Redondela, Andrés Couñago Laxe, trasladou ante o Valedor do Pobo as súas queixas polo incumprimento nesta instalación deportiva da Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no Concello de Redondela.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello do Grove adhírese á Rede de Dinamización Lingüística

Arximiro Fernández Cabanelas, en representación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, anuncia que a localidade xa forma parte da Rede de Dinamización Lingüística, vinculada á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder