Galicia
Galaxia conmemora as vinte edicións en lingua galega da obra O Principiño cun certame no Twitter
Coincidindo coa celebración das vinte edicións en galego de O Principiño da man da Editorial Galaxia, o selo galego vén de pór en marcha un concurso na rede social Twitter arredor da lendaria e inmortal obra de Antoine de Saint-Exupèry.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura e Educación colabora co Concello de Carral na XVI edición do seu certame de poesía
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, participou na rolda de prensa na que se deron a coñecer as bases da XVI edición do certame de poesía Concello de Carral.
Fonte: Xunta de Galicia
A versión 3.5.1 de Wordpress está cen por cen dispoñible en lingua galega
A tradución ao galego é do 100 % na versión 3.5.1 de Wordpress, o que significa, entre outras cousas, que amais do panel de uso común, tamén veremos en galego elementos como os menús de administración.
Fonte: Código Cero
Radio Fene convoca o seu Certame de Cartas de Amor en lingua galega
O Certame de Cartas de Amor de Radio Fene (Radiofusión) cumpre 15 anos. As persoas interesadas deben enviar as cartas, en prosa ou en verso, en lingua galega, e que non excedan dun folio ou 1650 caracteres.
Fonte: CTNL
Cultura e Educación convoca axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do 25 de xaneiro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios.
Fonte: Xunta de Galicia
O campus de Pontevedra ofrece un servizo de tándem de conversación para aprender idiomas
Aprender idiomas de forma recíproca e sen custo económico. E facelo voluntariamente, nun ambiente distendido e entre mozos da mesma idade. É o que ofrece o servizo de tándem de conversación que a partir deste mes de febreiro porá en marcha o campus de Pontevedra.
Fonte: La Voz de Galicia
Unha tese presentada no campus de Ourense conclúe que as palabras clave e as imaxes mentais melloran a aprendizaxe dunha lingua
A aprendizaxe de vocabulario é unha das maiores dificultades que se atopa unha persoa que quere dominar un idioma foráneo. A repetición verbal da palabra adoita ser o método máis comunmente empregado. Porén, non é o máis eficiente. A investigadora Estefanía Camino vén de amosar na súa tese de doutoramento como o uso da regra mnemotécnica da palabra clave ten mellores resultados e fai ademais que as persoas teñan maior confianza na súa capacidade e facilidade para aprender e recordar novas palabras.
Fonte: Universidade de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle a Eroski que recupere a versión en galego da súa web
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de pór en marcha unha campaña en liña para conseguir que a empresa Eroski, que sempre se caracterizou polo seu respecto ás linguas cooficiais do Estado, tanto a nivel de información corporativa como nas propias etiquetas do seus produtos, siga aplicando esa filosofía á súa páxina web, recentemente remodelada sen contar, polo de agora, con versión en galego.
Fonte: Código Cero
Cultura e Educación levou ‘O Señor das Dunas’ a Rois, Outeiro de Rei e Cospeito durante a fin de semana
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a programar actividades de promoción do uso do galego nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza desta lingua nos medios de comunicación
Fortalecer os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuír á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín