Galicia
O castelán é a lingua en que se imparte o 73,74 % das horas de clase da Universidade de Santiago de Compostela
No que se refire ao uso dos idiomas na docencia da Universidade de Santiago de Compostela neste curso 2012-2013, sen dúbida o dato máis salientable é que o castelán é a lingua en que se imparten o 73,74 % das horas de clase. O galego vehicula o 23,34 % e o inglés o 1,72 %. Francés, portugués, italiano e alemán repártense o restante 1,2 % das horas docentes.
Fonte: O Cartafol Dixital
Denuncian un caso de discriminación lingüística nun hospital da cidade de Pontevedra
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia "un novo caso de discriminación lingüística" no Sergas, no que, supostamente, un paciente "foi obrigado a atrasar a súa operación" por escoller utilizar o galego.
Fonte: Faro de Vigo
Xa está dispoñible en liña o novo número da revista 'Cadernos de Lingua'
A revista vén sendo publicada desde 1990, e ten como obxectivos promover a investigación sobre a lingua galega e darlles publicidade aos aspectos lingüísticos considerados de maior relevancia no momento da súa publicación.
Fonte: Real Academia Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participou na homenaxe ao doutor Antón Beiras
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe ao doutor Antón Beiras, promovida pola Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) e polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto de Ensino Secundario de Curtis convoca o I Certame Escolar de Blogs para fomentar o uso do galego na rede
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) deste instituto persegue con este certame recoñecer a importancia dos blogs como ferramenta didáctica e a súa utilidade para a motivación do alumnado e tamén fomentar o emprego activo das TIC e a creación de espazos positivos para o galego, amais de aumentar o uso desta lingua na rede.
Fonte: Código Cero
A Xunta e as principais institucións culturais galegas celebran con múltiples actividades os 150 anos de 'Cantares gallegos’
“Cento cincuenta anos despois, Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, segue a ser un referente compartido, unha obra de interese xeral con infindas posibilidades de novas lecturas e relecturas”. Así se expresou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na presentación da programación de actividades coas que a Xunta de Galicia, en colaboración coas principais institucións culturais galegas, celebrará en 2013 o 150º aniversario da publicación desta obra.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación convoca axudas para que os universitarios melloren no estranxeiro as súas competencias noutros idiomas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 113 axudas para que os universitarios que estean a estudar na nosa Comunidade Autónoma realicen estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua oficial dese país.
Fonte: Xunta de Galicia
O alumnado universitario vigués defende o seu dereito “ao ensino público e en galego”
As Xeiras sobre a lingua galega naceron no ano 2009 para dar a coñecer a situación da lingua galega nos diferentes ámbitos da cultura e da sociedade.
Fonte: Universidade de Vigo
O Valedor do Pobo intervén para esixir que a piscina de Redondela cumpra a ordenanza do uso do galego
O Valedor do Pobo instou o Concello de Redondela a que actúe para obrigarlle á empresa concesionaria da piscina municipal a que cumpra coa Ordenanza Reguladora do Uso do Galego no recinto deportivo.
Fonte: Faro de Vigo
Os secretarios de Cultura e Política Lingüística acompañan a Xosé Fernández Ferreiro no seu ingreso na Real Academia Galega
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron na Coruña ao acto de ingreso na Real Academia Galega como membro numerario de Xosé Fernández Ferreiro.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín